martes, 1 de octubre de 2013

Axudas para plantación de castiñeiro para froito no ámbito da IXP Castaña de Galicia

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca axudas para plantación con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:
1. Provincia da Coruña: a Comarca da Terra de Melide (Sobrado, Toques, Melide, Santiso), e os concellos de Arzúa e Boimorto (comarca de Arzúa).

2. O conxunto da provincia de Lugo, a excepción dos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (comarca da Mariña Occidental), Burela e Foz (comarca da Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (comarca da Mariña Oriental).
3. A totalidade dos concellos da provincia de Ourense.
4. Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).

planta de castiñeiro que se subvenciona é o porta-enxerto ou a planta enxertada con algunha das varidedades a Amarelante, a Famosa, a Garriga, a Longal, a De Parede, a Ventura e a Xudía, así como das variedades de boa actitude macho polinizador: a Negral, a Picona, a Serodia e a Rapada.
Os beneficiarios serán persoas que sexan propietarios ou titulares dos terreos.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de novembro de 2013.
Máis información no DOG nº 187, do 1 de outubro de 2013.


No hay comentarios:

Publicar un comentario