jueves, 22 de noviembre de 2012

Algunhas ideas...Proxecto de biomasa forestal para crear emprego e riqueza no medio rural


Nos últimos días, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), publicou un detallado estudo sobre a situación do mercado da biomasa en Galicia, co obxectivo de coñecer a situación dunha fonte de enerxía renovable, autóctona e moito máis limpa, e que permite reducir as emisión de CO2 á atmosfera.

Neste sentido, e segundo recolle o documento, os galegos empregan, cada ano, máis dun millón de toneladas de leña nos seus fogares, unha cifra que leva aparellados importantes beneficios tanto económicos como ambientais. Así, e comparando a biomasa cos litros de gasóleo que serían necesarios para abastecer a mesma demanda enerxética, pódese concluír que a utilización desta fonte de enerxía evita a emisión a atmosfera de 1,5 millóns de toneladas de CO
2 ao ano, ao tempo que resulta un 60% máis barata.

O estudo afonda na situación actual en Galicia dunha fonte de enerxía que, debido ao forte incremento do prezo dos combustibles fósiles tradicionais, non só permite acadar os importantes aforros económicos e ambientais descritos, senón que tamén está capacitada para xerar emprego e riqueza no medio rural.



Algúns conceptos...

Que é a biomasa?
No ámbito enerxético refírese á materia prima orgánica que dá lugar a un biocombustible, entendendo como a materia orgánica vexetal ou animal orixinada nun proceso biolóxico que non se ten fosilizado e que é utilizada con ou sen transformación como fonte de enerxía (combustible). 

A definición da Directiva 2009/28 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de abril de 2009 relativa ao fomento do uso da enerxía procedente de fontes renovables define a biomasa como: a fracción biodegradable dos produtos, refugallos e residuos de orixe biolóxica procedentes de actividades agrarias (incluídas as sustancias de orixe vexetal e de orixe animal), da silvicultura e das industrias conexas, incluídas a pesca e a acuicultura, así como a fracción biodegradable dos residuos industriais e municipais.”

Biomasa forestal e cultivos enerxéticos

A biomasa forestal procede de sistemas forestais arborados e de residuos industriais de madeira. Os cultivos enerxéticos obtéñense a partir de explotacións agrícolas ou forestais, nas que o único obxectivo e obter biomasa cun importante potencial enerxético. Galicia é a primeira rexión española en canto a potencial de residuos forestais, existindo unha dispoñibilidade estimada de case un millón de toneladas por ano de biomasa forestal residual en condición sostida. As características climáticas, a distribución da poboación e a gran tradición e importancia das explotacións madeireiras reflexan un potencial considerable para este tipo de enerxía na nosa Comunidade.
Exemplo de éxito
Neste sentido, amosamos como experiencia de éxito a cooperativa lalinense Maquideza (con sede en Alén, Anseán), que está a distribuir biomasa para auga quente e calefacción a gran escala a clientes como centros educativos, empresas, granxas ou incluso a administración. 

O proxecto consiste en xerar biomasa para combustible con restos de madeira. A entidade está integrada por unha ducia de gandeiros da zona de Anseán, onde construiron a nave de secado da materia orgánica, que provén do triturado de árbores e madeira procedente de restos de talas, desbroces e otras tarefas, que se convertirá en astilla. Este material almacenaráse na nave para o seu secado e logo ser empregada como combustible nas caldeiras de biomasa. 

Este proxecto empresarial está apoiado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, con una inversión de 786.784,74 euros, dos que 193.100 foron subvencionados a través do GDR. O material que ofrece Maquideza e que xa utilizan as cinco explotacións que a integran, son astillas de restos de poda, talas de árbores ou incluso matorrais de toxos.  

Artigos relacionados:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2012/10/11/maquideza-astillas-biomasa-frente-gasoleo/0003_201210D11C4994.htm

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2012/02/14/proyecto-maquideza-generar-biomasa-pondra-marcha-agosto/623543.html

Fonte: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario