martes, 14 de mayo de 2013

RESUMO AXUDAS PUBLICADAS NAS ÚLTIMAS SEMANAS E PRAZOS

Repasamos as axudas que se viñeron publicando no DOG nas últimas semanas e os prazos de solicitude:

- Axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia 

Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes: 

1) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo. 

2) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos. 

3) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural. 

Fin do prazo: 29 de maio 2013

Axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais

Obxecto: establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2013. 

Fin do prazo: 29 de maio 2013

- Subvención a proxectos dinamizadores das áreas  rurais promovidos por microempresas para o uso das TIC´s

Obxecto: Potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia. 
As axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio. 

Fin do prazo: 7 de xuño 2013

- Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora das infraestruturas de establecementos hoteleiros do grupo I, albergues turísticos, empresas de servizos turísticos complementarios e restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia


Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
• Actuacións relativas á modernización das instalacións.
• Actuacións destinadas ao aumento da categoría do establecemento.
•Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
•Actuacións destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental.
• Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter a certificación de calidade.
Fin do prazo: 8 de xuño 2013

miércoles, 8 de mayo de 2013

AXUDAS A PROXECTOS DINAMIZADORES DE ÁREAS RURAIS PARA O USO DAS TICs 2013


A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 546.000 euros aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para o periodo 2013. (DOG nº 87, martes 7 de maio de 2013).

Estas axudas están destinadas á implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software), para que as microempresas aproveiten as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) xunto co acceso a internet de calidade, no seu proceso de negocio.

Se estades interesados visitade a páxina de axudas de AGADER:


martes, 7 de mayo de 2013

PREMIOS COOPERACIÓN E CONCURSOS COOPERATIVISMO 2013 (AVISO FIN DO PRAZO)


Recordamos que o próximo día 15 de maio remata o prazo para presentar as solicitudes aos diferentes Concursos e Premios de Cooperativismo 2013.  

Premios á Cooperación 2013
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.
Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:
·         Premios aos valores cooperativos
·         Premio ao mellor proxecto cooperativo
·         Premio á promoción do cooperativismo
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013
ligazón

Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013.
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do concurso de iniciativas cooperativas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.
Premiaranse aos impulsores das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa.
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013
ligazón

Certame Cooperativismo no Ensino 2013
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centro educativos de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.
O alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguinte modalidades
·         Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
·         Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria.
·         Modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixido ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional.
O prazo de presentación de solicitudes e de traballos remata o 15 de maio de 2013.
ligazón

Programa “Cooperamos”
Co obxecto de facilitar a realización das actividades de promoción do cooperativismo, os centros educativos poderán participar no programa “Cooperamos”. A través deste programa os centros poderán recibir asesoramento e apoios técnicos para as labores divulgativas e para a elaboración dos traballos para participar no certame
Os centros poderán presentar a súa solicitude de participación no programa a través da páxina web www.cooperativasdegalicia.coop, onde poderán tramitar a súa inscrición. O prazo para presentar as fichas de inscrición rematará transcorrido un mes dende a publicación da Orde do 4 de abril de 2013, pola que se procede á convocatoria do certame Cooperativismo no ensino.
ligazón