martes, 23 de abril de 2013

Ética e diñeiro. Que é a banca ética?

A banca ética, tamén coñecida como banca social, é un conxunto de entidades financeiras cuxos produtos non están condicionados exclusivamente ao criterio de máximo beneficio e a especulación, senón á economía real e incluso eles mesmos se organizan o arredor de fórmulas cooperativas. 
Nos últimos anos, a crise económica e bancaria provocou o descenso do financiamento crediticio e o endurecemento das condicións de acceso ao crédito para os proxectos empresariais. Ademáis, os cidadáns cada vez demandan máis información transparente, fiable e suficiente sobre os seus aforros e investimentos.
Todo o anterior, axudou ao ascenso da banca ética e responsable que xa se viña desenvolvendo desde anos atrás.  

viernes, 19 de abril de 2013

CURSO "INNOVACIÓN EN CULTIVOS HORTÍCOLAS EN INVERNADOIRO"


AGACA organiza un curso de INNOVACIÓN EN CULTIVOS HORTÍCOLAS EN INVERNADOIRO, dirixido a menores de 30 anos inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego. Terán prioridade de acceso aqueles que reúnan unha destas condicións: que sexan desempregados de longa duración, que non accederan ao seu primeiro emprego, de baixa cualificación ou procedentes do plan PREPARA. 

Esta acción formativa está financiada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social – Servizo Público de Emprego Estatal, e impartirase en modalidade presencial, cunha duración de 110 horas lectivas, das cales, 30 correspóndense á realización de prácticas. 

O inicio da actividade formativa está previsto para principios do mes de maio nas instalacións da cooperativa MELISANTO, na localidade de Melide. 

Entre os contidos do curso destacan cuestións como as novas técnicas para o uso sostible dos fertilizantes, control de pragas, aproveitamento de recursos naturais, distintos tipos de rego, compostaxe, rotación de cultivos, etc. 

Os interesados poden solicitar a súa pre-inscrición chamando ás oficinas de AGACA en Santiago de Compostela, 981-584783, antes do 25 de abril.

viernes, 12 de abril de 2013

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2013

O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.  

A finalidade destes premios é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

Os premios outórganse pola realización dun destacado labor no eido do cooperativismo e contan coas seguintes modalidades:

CONCURSO INICIATIVAS COOPERATIVAS 2013

O DOG nº 71 de hoxe, 12 de abril de 2013, publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do concurso de iniciativas cooperativas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.

Obxecto: Premiaranse aos impulsores das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa. Os proxectos terán por obxecto o impulso e aproveitamento integral dos recursos locais no ámbito galego, de xeito que poidan incentivar o desenvolvemento local, en xeral, e o rural, en particular.


miércoles, 10 de abril de 2013

O emprego cooperativo resiste mellor a crise

A teoría di que a economía social resiste mellor a crise xa que as empresas funcionan horizantalmente, báséanse na cooperación e son máis democráticas e flexibles ás necesidades de cada momento. Como xa dixemos máis veces, o emprego cooperativo resiste mellor a crise. 

Nesta ocasión, os datos que nos ofrece a "Federación de Cooperativas de Trabajo de Cataluña", e que fan referencia a esa comunidade, Cataluña pechou o ano cun aumento do 36% na creación de novas cooperativas. E mentras o paro rozaba o 25%, o emprego no sector mantívose e incluso aumentou un 2% no terceiro trimestre.
En datos absolutos, no 2012 creáronse un total de 147 novas cooperativas nun sector que nos últimos anos crecera, pero de forma máis sostida (de 99 a 113 cada ano entre 2008 e 2011).

Ver artigo completo:
 

jueves, 4 de abril de 2013

Buscas traballo? Es unha cooperativa e precisa traballadores?- EMPLEACOOP

Buscas traballo? Es unha cooperativa e buscas persoas cunha formación concreta? 

EMPLEACOOP é un portal de emprego (é unha iniciativa das cooperativas de traballo españolas e as súas organizacións representativas). 

UGACOTA (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado), pon a nosa disposición este  espazo online que pretende axudar a atopar traballo, tanto se eres demandante de emprego, como se eres unha empresa.

Ao mesmo tempo, a través deste servizo, atoparás información e formación que te axudará a mellorar o teu perfil profesional e que aumentaría as túas posibilidades de atopar traballo.
E se precisas personal para a empresa e non dispós de tempo ou  recursos para realizar un proceso de selección, podes solicitalo neste espazo no que te enviarán o currículo das persoas que máis se axustan ao perfil que precises, entre outros servizos.