martes, 29 de enero de 2013

Visita da Escola Cooperativa Móbil ao CPI Armando Cotarelo Valledor - Boimorto

 A Escola Cooperativa Móbil  visitará o CPI Armando Cotarelo Valledor (Campo do Rosario s/n - 15818 ) en Boimorto a semana do luns 4 ao 8 de febreiro

A Escola Cooperativa Móbil é unha iniciativa de divulgación desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que consiste nunha aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación das potencialidades do cooperativismo entre a mocidade. 

Cooperativízate!!!

Unha vez máis, os datos indican que a fórmula cooperativa é unha boa alternativa á crise. Según datos do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, no segundo trimestre do 2012 creáronse en España 305 cooperativas, 82 máis que no primeiro trimestre dese mesmo ano (http://www.empleo.gob.es/es/sec_trabajo/autonomos/economia-soc/EconomiaSocial/estadisticas/CoopConstituidasLaboRegistradas/2012/2trim/COOG3.pdf).

No noso entorno máis próximo, o marco da Rede Eusumo, promoveuse xa a creación de 14 cooperativas, e 9 máis están en proceso de constitución, xerando un total de 85 postos de traballo no ámbito da economía social, tal e como nos comentaba onte Juan Gómez Cabo (XEDEGA) na primeira xornada do Plan de Formación de Axentes Cooperativos que se celebrou no día de onte na Escola Galega de Administración Pública. 

Desde a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de empresa a que nos visiten e nos consulten as súas dúbidas e temores para a súa posta en marcha. 

Hoxe, ser empresario non é patrimonio exclusivo de quen teña capital, senón maís que nunca, de quen teña boas ideas e esté disposto a levalas a cabo con rigor e tenacidade. (Arcadi Vilert, A Autoxestión cooperativa)


INFO:
Oficina Fomento Cooperativo Agrupación Sobrado (Toques, Vilasantar, Boimorto, Sobrado)
Praza Portal, nº 1
15813 Sobrado
A Coruña
Tlf: 981 787 508
E-mail: maria.lloves@sobrado.dicoruna.es






viernes, 25 de enero de 2013

Cales cres que poden ser as solucións aos problemas do mundo rural?

Como parte do traballo de planificación do Programa de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020, os equipos técnicos dos GDRs galegos, están a desenvolver un documento que especifica os principais problemas que se atopan no camiño do desenvolvemento do mundo rural así como as posibles solucións a estes problemas.
 
Para poder ter a visión da poboación local o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo abriu, a través do seu Facebook, un debate no que calquera persoa pode participar e deixar a súa opinión sobre estes temas:

jueves, 24 de enero de 2013

Traballo promoverá este ano os programas destinados a xerar novos empregos no eido do cooperativismo

A Consellería de Traballo e Benestar promoverá este ano os programas destinados a xerar novos empregos no eido do cooperativismo. Así o avanzou o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, na inauguración en Ames dunha xornada na que se presentou a nova Oficina de Desenvolvemento Cooperativo da Fundación Feiraco.

Martiñá destacou que as cooperativas están a resultar unha boa alternativa de autoemprego colectivo para aquelas persoas que queren emprender un novo proxecto baseado nos valores de igualdade, axuda mutua e responsabilidade compartida. Explicou, ao respecto, que este feito reverte nun incremento no ritmo de creación de novas empresas de economía social en períodos de crise económica.

jueves, 17 de enero de 2013

Queres beneficiarte do pagamento único ou capitalización do desemprego para emprender nunha cooperativa?

Que é o pagamento único ou capitalización do desemprego?
É unha medida para fomentar e facilitar iniciativas de emprego autónomo a través do aboamento do valor actual do importe da prestación por desemprego de nivel contributivo ás persoas beneficiarias de prestacións que pretenden incorporarse, de xeito estable, como socios traballadores ou de traballo en cooperativas ou en sociedades laborais, constituílas, ou que queren desenvolver unha nova actividade como traballadores autónomos.

miércoles, 16 de enero de 2013

Formas de aforrar - Cooperativas de Consumidores e Usuarios - Cooperativa de Vilaboa

O programa da Televisión de Galicia "Vivir Aquí", emitido o pasado domingo 13 de xaneiro, preséntanos diferentes formas de aforrar, interesándose polas cooperativas de consumo (minuto 31:24 aprox.), e como exemplo achégannos á Cooperativa de Vilaboa, no concello de Valdoviño, onde o seu xerente Xosé Aneiros, nos explica, entre outras cousas, en qué consisten as cooperativas de consumidores e usuarios


A cooperativa de Vilaboa foi fundada no ano 1943, coa finalidade de fornecer de productos relacionados co agro a prezos asequibles, medrou ata alcanzar hoxe en día 2.300 socios. Os seus socios e socias poden comprar productos de todo tipo no seu supermercado, ademais contan cunha agrotenda, así como venda de gasóleo agrícola. A sección que máis triunfa entre os seus asociados é a de crédito (tal e como comenta o Presidente da cooperativa Ángel Caneiro). 

Se queres saber máis sobre o cooperativismo de consumo podes ver o seguinte enlace:

http://oficinacooperativassobrado.blogspot.com.es/2012/12/consumo-responsable-e-agroecoloxico.html

martes, 15 de enero de 2013

Coopera+ - Programa Formativo en Internacionalización e Comercialización para Cooperativas

En colaboración coa iniciativa Coopera+ da Consellería de Traballo e Benestar, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), vai realizar un programa formativo destinados á mellora de estratexias de comercialización de productos e servizos das cooperativas galegas, tanto a nivel nacional como internacional.

No contexto actual de crise e de sobre oferta no mercado nacional, os procesos de apertura aos mercados exteriores contémplanse como unha saída de especial interese e atractivo e que na actualidade está a ter resultados altamente positivos para moitas cooperativas inmersas en procesos de Internacionalización e venda por e-commerce.

O
programa consta de tres cursos:
- E-commerce - on line, 15h.
- Internacionalización básico - on line, 15h.
- Comercialización e Internacionalización avanzado - presencial, 40h.

Dirixido a
: persoal directivo e comercial das cooperativas. 

Os cursos son gratuítos financiados desde a Xunta de Galicia e cofinanciados co FEDER-POCTEC, deseñáronse de xeito práctico e compatible co desempeño profesional do alumnado.

Info:
Para saber máis acerca de estes cursos e inscribirse on line (prazas limitadas) poden consultar en http://www.cooperamais.org/; chamar á Asociación AGACA preguntando por Marta Núñez ou Loli Couso no tel.: 981 584 783; ou ben no enderezo electrónico formacion@cooperamais.org.


Programa e info: AGACA



Tablicia - Posible transformación da empresa en cooperativa

Madeiristas da provincia de Lugo analizan a posibilidade de sumarse ao proxecto de base cooperativa que promoven os traballadores de Tablicia para comprar a fábrica de Nadela (Lugo) e reiniciar a produción nas súas instalacións, paralizadas desde fai meses.



lunes, 14 de enero de 2013

Da cola do paro a emprendedor no rural

Cada día máis persoas centran a súa mirada no medio rural galego como alternativa para combater a dura crise, desanimados pola escaseza de oportunidades nas grandes cidades, pero tamén en busca dunha nova vida. Aínda que non se pode falar dun éxodo representativo -en Galicia hai preto de 1.400 núcleos rurais despoblados-, a difícil conxuntura económica contribuíu a sacar a decenas de pobos do esquecemento, en ocasións polas iniciativas dos concellos, que tratan de facer fronte ao despoboamento e ao envellecemento da súa poboación.

lunes, 7 de enero de 2013

Bolsas Xerenciais en Cooperativas - UGACOTA

Ugacota, en colaboración con Novacaixagalicia e a Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha unha nova convocatoria de Bolsas Xerenciais en Cooperativas, o recurso está dentro do programa chamado “Programa de apoio á función xerencial en cooperativas”.
bolsa xerencialEste programa márcase como obxectivo dar resposta a unha carencia, presente nunha parte importante das cooperativas galegas, como é a falta de cualificación das socias na área da xestión empresarial e directiva da cooperativa, ou a falta de persoal específico para atender este ámbito. Esta situación afecta negativamente ás posibilidades de crecer e consolidarse da empresa.