martes, 25 de septiembre de 2012

Xornada de Cooperativismo - Concello de Sobrado (15 outubro)

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Sobrado, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o uns 15 de outubro no Edificio de Usos Múltiples "Casa da Irmandade" e dará comezo ás 18.00 horas rematando sobre as 20.00 horas.

Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello ou ben chamando ó teléfono 981 787 508 e preguntar pola Oficina de Fomento Cooperativo. 

Descargar cartel: http://www.sobrado.es/noticia.php?idnoticia=256

INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

lunes, 24 de septiembre de 2012

AGACA e FUNDACIÓN FEIRACO organizan un Obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Fundación FEIRACO organizan este obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural no que se abarcarán cuestións como as oportunidades de negocio; maduración de ideas para un proxecto de emprendimento; casos de éxito; elaboración dun Plan emprendedor; axudas públicas e a fórmula cooperativa como modelo de emprendemento, entre outras cuestións. 

Como remate, desenvolverase unha visita a un caso de éxito no medio rural. 

A duración será de oito sesións diarias, de 16:00 h a 19:00 h, dende o 16 de outubro ata o mércores 31.

Lugar de celebración: Pontemaceira-Agrón s/n. Ames-A Coruña 
 
A través desta iniciativa preténdese achegar ao público destinatario, a fórmula cooperativa, potenciando o emprendemento no medio rural como medio de autoemprego e xestión económica-empresarial exitosa. 

Máis info e programa no seguinte enderezo:
http://www.agaca.coop/docs/Programa%20obradoiro%20Emprendemento%202012.pdf

lunes, 17 de septiembre de 2012

Programa de emprendemento social de "la Caixa"

O programa de emprendemento social de "la Caixa" diríxese a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio. 

Que é un emprendedor social?
Aquela persoa ou equipo de persoas que crean unha empresa para tratar de solucionar un problema social existente de forma rentable e sostida no tempo. Os emprendedores sociais unen as oportunidades de negocio coa mellora da sociedade. 

Cal é a forma de axuda?
- Apoio económico
- Formación en xestión empresarial
- Acompañamento na implementación
- Traballo en rede
- Difusión das iniciativas
 

Información e bases da convocatoria:
Obra Social ”La Caixa”
Tel.: 902 22 30 40 (de luns a venres, de 9.00 a 20.00 h)
emprendimientosocial@fundacionlacaixa.es
http://obrasocial.lacaixa.es/

lunes, 10 de septiembre de 2012

Presentación da Oficina de Fomento Cooperativo


A Oficina de Fomento Cooperativo de Sobrado iniciou a súa andaina o pasado mes de agosto, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto ( facéndose extensible aos concellos limítrofes e da comarca (Melide, Santiso, Curtis, etc.).

O seu obxectivo é dar servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto, así como sensibilizar á sociedade para divulgar os valores cooperativos dando apoio a emprendedores e promotores cooperativistas, facendo especial fincapé nos mozos/as, desempregados/as e mulleres en xeral.

Que servizos ofrece?
  • Asesoría e acompañamento de proxectos cooperativos ou asociativos.
  • Accións formativas e informativas de promotores relacionadas co cooperativismo.
  • Elaboración de plans empresariais.
  • Seguimento e titorización dos proxectos cooperativos en xestación.
  • Formación e divulgación de fórmulas cooperativas así como a coordinación das actividades de fomento e promoción.
  • Detectar emprendedores e oportunidades de negocio na comarca.
  • Ofrecer a posibilidade de que persoas con ideas de negocio común se coñezan e poidan crear o seu posto de traballo na súa propia empresa, mellorando así a súa calidade de vida.
  • Posta en contacto de persoas que pretenden entrar a formar parte dunha cooperativa e aquelas que procuran socios. 
A quen se dirixe? 
  • Desempregados/as con interese na procura de emprego.
  • Empresas cooperativas que soliciten traballadores para cubrir postos de traballo ou interesadas en recibir información.
  • Empresas cooperativas na procura de novos socios.
  • Interesados en ofrecer os seus servizos e coñecementos ou entrar a formar parte de sociedades cooperativas xa existentes ou de nova creación.
  • Interesados en xeral

A nosa finalidade é a promoción e a constitución de sociedades cooperativas nos territorios pertencentes ao proxecto. Se tes algunha idea de negocio e precisas asesoramento para a súa maduración ou posta en marcha, achégate pola Oficina, poremos todo o noso esforzo e rede de contactos a túa disposción!!!!

DATOS DE CONTACTO:
Oficina de Fomento Cooperativo
María Lloves
Concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508


jueves, 6 de septiembre de 2012

Xornada Explicativa/Formativa sobre a Lei de Cooperativas o 20 de setembro en Razamonde (Cenlle)

A Unión de Cooperativas AGACA, no marco da Rede Eusumo para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social, e contando co apoio e colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, segue o proceso de explicación da Lei 14/2011 coa Xornada Explicativa/Formativa que se vai a celebrar no local da FUNDACION COREN, sito Ctra. Nacional 120, Via Provincial OU-0410 Nº 41 Razamonde (Cenlle), o vindeiro día 20 de setembro (xoves) ás 16:00 h. da tarde.

Orde do día:

16:00 h Recepción de asistentes e entrega de documentación
16.15 h Inauguración e benvida da Consellería de Traballo e Benestar.
16.30 h Aspectos xerais da Lei 14/2011.
D. Manuel Pérez Losada. Xefe do Rexistro Central de Cooperativas da C. de Traballo e Benestar
17:15 h Aspectos societarios da Lei 14/2011.
D. Miguel María Saenz de Viteri. Letrado Experto en Cooperativismo
18:00 h Coloquio: preguntas, aclaracións,...
18:30 h Descanso para café.
19.00 h Modificacións do réxime económico da Lei 14/2011.
Dona Begoña Ordóñez Castro. Auditora de Contas e experta en contabilidade de cooperativas.
19.45 h Coloquio: preguntas aclaracións,...
20:00 h Clausura da Xornada.

Esta xornada está dirixida a toda clase de cooperativas interesadas e afectadas pola modificación da norma legal. 
Interesados confimar asistencia chamando ao teléfono 981.58.49.11 ou remitindo un correo a montse@agaca.coop comunicando o número de asistentes antes do 19 de 
setembro.  

Axudas ás microempresas do rural para implantar as novas tecnoloxías


As microempresas do rural poden solicitar ata o 21 de setembro as axudas deste ano para implantar as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio.

Estas axudas están destinadas a empresas de menos de 10 empregados e autónomos dos principais sectores de transformación e comercialización de produtos do rural para equipamento tecnolóxico e instalación de hardware e software específico como programas para o traballo en rede, facturación, contabilidade, deseño específico, e-comercio, etc.

As empresas que desexen solicitar estas subvencións deberán ter o domicilio fiscal en zonas rurais de Galicia así como contrato de conexión a Internet ou estar en disposición de dispor del antes da data límite de xustificación da subvención.

A porcentaxe da axuda será de ata o 50% do investimento subvencionable cun máximo de 30.000 euros por beneficiario.

Fin do prazo de solicitude: 21 de setembro de 2012.

Ver texto completo da axuda:  DOG nº 157, de 20 de agosto de 2012.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

Pasos para a creación dunha cooperativa

1. Solicitar a certificación negativa de Denominación ante a Sección Central do Rexistro de Cooperativas do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

2. Realizar a Asamblea Constituínte

3. Despois solicitará ante o Rexistro de Cooperativas a cualificación previa dos estatutos sociais, achegando:
  • Solicitude
  • Certificación da Acta da Asamblea Constituínte
  • Certificación negativa da denominación
  • Exemplar dos Estatutos sociais aprobados
4. Solicitar o código de identificacion fiscal en constitución (CIF) na Axencia Tributaria (modelo 036).

5. Obtida a calificación previa, os promotores designados outorgarán a escritura de constitución ante notario incorporando a preceptiva documentación.

6. Liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (ITP) e Actos Xurídicos Documentados (Consellería de Economía e Facenda/Rexistro de Propiedade, modelo 600).

7. Solicitar ante o Rexistro de Cooperativas a inscrición da cooperativa, achegando:

martes, 4 de septiembre de 2012

Asociacións de Cooperativas e Entidades de Apoio




ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS E ENTIDADES DE APOIO

PRINCIPAIS ASOCIACIÓNS DO SECTOR:

·         Asociación galega de cooperativas agrarias: AGACA
Sede Central SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rúa Tomiño, nº 22 - Entlo.
15703 Santiago de Compostela
A CORUÑA
Tlf.: 981.58.47.83
Fax: 981.57.17.30
agaca@agaca.coop

·         Unión de cooperativas de ensino de traballo asociado de Galicia: UCETAG
Teixugueiras, 28 Entresollado B  Navia - 36212 Vigo – Pontevedra
Rúa Fernánez Villaverde, 4-1º A Of.4. 36002 Pontevedra

·         Federación de cooperativas: SINERXIA
Rúa Fernández Villaverde, 4-1º A, of. 3-4 · 36002 PONTEVEDRA
Tel. +34 986 896 526 · Fax +34 986 896 525

·         Unión de cooperativas de traballo asociado: UGACOTA

Rúa do Hórreo, 104-baixo esquerda Tfno/Fax: 981 575 578
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA.
e-mail:
ugacota@ugacota.org

·         Unión de cooperativas de vivendas (12 - SCTA). UGACOVI

Corredoira das Fraguas 5, 1º esquerda. Santiago de Compostela - (A Coruña) Tlf: 981 55 31 15 Fax: 981 55 31 16

·         Asociación de cooperativas agrarias ACAP - Unión de cooperativas (10-SCTA). Polígono Industrial Lalín 2000. Parcelas B2, B3 e C3 Lalín (Pontevedra). Tlf: 986 78 75 27  Fax: 986 78 76 04

·         Unión de cooperativas do mar de Galicia UGACOMAR (13 - SCTA).
Rúa Fernández Villaverde 4, 1º oficina 3-4 36002 Pontevedra. Tlf: 986 89 65 26

Ucogatra, U. DE COOP (14 - SCTA)
Costa de San Marcos 3, baixo. 15820 Santiago de Compostela (A Coruña). Tlf: 981 57 49 22

Unión de Cooperativas Agrarias de Ferrol UCAFE
Rúa Pascual Veira, 33-35 entrechán
15403 Ferrol
Tlf.; 981 372 798. Fax: 981 372 798


OUTRAS ENTIDADES DE APOIO:

·         Consello galego de cooperativas
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela. Tlf.: 881 99 92 68
http://www.cooperativasdegalicia.com/

·         Dirección Xeral de Relacións Laborais. 
Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social.
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela. Tlf.: 981 544 647
 http://traballo.xunta.es/portada-cooperativismo-e-economia-social

Servizos Provincias de Relacións Laborais:
A Coruña: Fernando Macías, 18-20, 1º. CP 15004 – Tel 981 185 895
Lugo: Ronda da Muralla, 70. CP 27071 – Tel  982 294 329
Ourense: Camiño Prado Lonia, s/n. CP 32872 – Tel 988 386 401
Vigo: Concepción Arenal, 8. CP 36201 – Tel 986 817 008

·         Rede Eusumo: http://www.eusumo.coop/
617 414 577