martes, 12 de marzo de 2013

A cooperativa: unha empresa 10


Sabías que as cooperativas son a fórmula de autoemprego colectivo que ten como obxectivo facilitar un posto de traballo estable e de calidade para as persoas que a integran?
Sabías que, mesmo neste contexto de crise económico-financeira, as cooperativas seguen a xerar emprego?
Sabías que a cooperativa é unha empresa con valores, donde a persoa está no centro da toma de decisións e non o capital?
A través da seguinte guía "A cooperativa: unha empresa 10" elaborada pola Rede Eusumo, repasamos os valores, as características, cuestións legais, pasos de posta en marcha, incentivos, enderezos, e motivos para crear unha cooperativa.


viernes, 8 de marzo de 2013

Cooperar en femenino

Nun día como hoxe, non está mal recordar que a fórmula cooperativa é unha excelente alternativa laboral que permite as mulleres poñer en marcha ideas propias, acadar autonomía e independencia ecomómica, acceder a postos de responsabilidade, así como ter maior  presenza na sociedade. 

As cooperativas PROMOVEN a PARTICIPACIÓN de HOMES e MULLERES en CONDICIÓNS DE IGUALDADE.

E como mostra, aquí vos deixamos o enlace ao vídeo do programa "Aquí hai trabajo" emitido en La2 de TVE o 8 de marzo de 2012, donde dende o minuto 4:50 ata o 10:00, podedes ver os casos de cooperativas dirixidas por mulleres onde a igualdade é sagrada "porque practican a igualdade con maiúsculas, a conciliación e o salario sen xénero".