jueves, 18 de octubre de 2012

Algúns datos sobre o cooperativismo de traballo asociado...

Onte, 17 de outubro a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Sobrado asistiu á Xornada de Cooperativas: unha alternativa ante a crise, organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, na súa labor de fomento e divulgación do cooperativismo e a economía social, e enmarcada no proxecto europeo COOPERA+, cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007 -2013. 

Ao longo das diferentes exposicións puidemos tomar moitos apuntamentos, como por exemplo da excelente ponencia de UGACOTA (Unión de cooperativas de traballo asociado) a cargo de Mar Pernas, que nos aportou datos tan interesantes sobre as cooperativas de traballo asociado como que "no que vai de ano, en Galicia, xa se crearon máis cooperativas de traballo asociado que en todo o ano anterior, parece estar claro que a crise está creando oportunidades de emprendemento". 

Parece que, en efecto, hai emprendedores que están a ver a CRISE como unha OPORTUNIDADE a través do EMPRENDEMENTO COLECTIVO (Cooperativo).


Según datos de UGACOTA, o cooperativismo español está conformado por máis de 22.000 empresas e máis de 1.290.000 socios e socias. Ao cooperativismo de traballo asociado correspóndenlle 17.000 desas empresas e 290.000 persoas socias traballadoras. 

Atendendo as cifras de emprego, dende o comezo da crise no 2007 creáronse en España 6.559 novas cooperativas que xeraron máis de 59.000 novos empregos. Só se perderon nese mesmo período 1.900 empregos, 6 puntos por debaixo da media estatal. 

Comentar tamén que, atendendeo ao xénero, o 50% do emprego xerado nas cooperativas é feminino. 
En relación a temporalidade dos contratos, o 80% do emprego é fixo e estable xa que corresponde as propias persoas socias. Do 20% restante, o 75% é traballo estable, de persoas contratadas de xeito indefinido. 

Por todo o anterior, desde a Oficina de Fomento Cooperativo, animámosvos a todos os que estades en situación de desemprego, ou simplemente queredes mellorar a vosa situación laboral, que...por qué non animarse a traballar de xeito cooperativo??


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario