viernes, 21 de diciembre de 2012

Cooperativas de servizos sociais


Tal como se recolle no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014, o avellentamento da poboación galega, xunto coa competitividade económica, o respecto medioambiental e o aproveitamento enerxético, constitúen os grandes retos da nosa sociedade para os próximos anos.
En particular, ao avellentamento da poboación, e a alta porcentaxe de poboación dependente, sobre todo no ámbito rural, súmase unha taxa de actividade feminina baixa.
Neste marco, a economía da saúde, os servizos á terceira idade e os servizos de benestar serán un dos eixos de desenvolvemento económico estratéxicos.

En Galicia existen máis de 30 cooperativas con actividade no CNAE de servizos sociais. Case todas prestan servizos SEN aloxamento, estas son maioritariamente de Traballo Asociado (74%) ou de Servizos Sociais e Traballo asociado (13%). Se facemos a análise por provincias, donde máis peso teñen é na provincia de Ourense (35%), con 29% A Coruña, 16% Lugo e 19% Pontevedra.

1. Por que non articular o sector de servizos sociais en forma cooperativa?

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Consumo responsable e agroecolóxico - Cooperativas de consumo

Nos últimos tempos, os agricultores teñen mudado a súa modalidade produtiva adaptándose ás esixencias dos clientes aos que venden as súas colleitas. Os novos agricultores xoves procedentes das cidades, que en moitos casos se desprazan ao campo por mor do desemprego, apostan por cultivos sans e de calidade sen compoñentes artificiais.
Víctor Suárez e Javier Martínez
na súa horta ecolóxica en Cerqueda
Ademáis, aqueles que cultivan persoalmente ás súas hortas, as granxas e sociedades agrarias de produción agropecuaria converteronse nos principais subministradores de produtos cárnicos e lácteos mediante o desenrolo de prácticas ecolóxicas. Non caben compoñentes químicos cos que alimentar os animais nin cubrir pastos ou hortas e non hai outra ambición que unha produción de alta calidade.

COOPERAR, UNHA OPCIÓN CON FUTURO

Onte, 18 de decembro, a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado asistiu á Xornada "Cooperar, unha opción con futuro", organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, donde se abordaron diferentes temáticas sobre o cooperativismo como opción con futuro para o desenvolvemento económico e social e para a creación de emprego. Ademáis, realizouse a presentación ofIcial da recentemente creada REDE EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social, explicando as vantaxes e beneficios que significará a súa creación.

viernes, 14 de diciembre de 2012

OFERTA DE EMPREGO- PROCURA DE SOCIO PARA HORTA ECOLÓXICA

Fernando Salgado e outros soci@s teñen unha horta ecolóxica certificada (“Ecohorta da Ulloa”) moi preto da Eira, en Andemil, Sambreixo, con 850 m2 de invernadoiro, outros 1000m2 sin invernadoiro, 4 colmeas e un total de 45.000m2 de finca con bosque mixto e prado onde paces 3 égoas e crecen prantas medicinais que se poderían colleitar e aproveitar tamén (especialmente milenrama, hipérico e gordolobo).
A horta conta co Certificado CRAEGA (Consello Regulador da agricultura ecolóxica de Galiza).
Tiñan unha socia traballadora que por motivos familiares non pode seguir con eles e por iso precisan dunha persoa que lle guste traballar a horta en ecolóxico que teña transporte e que viva preferiblemente na zona para traballar e repartir os beneficios.


Se vos interesa, o contacto de Fernando é o seguinte: feisalgado@mundo-r.com ou 665 35 38 67

Fonte: http://eiradaxoana.blogaliza.org/ 
 

jueves, 13 de diciembre de 2012

Guía para a transformación de empresas mercantís en cooperativas de traballo asociado

Se a túa empresa está sufrindo a crise e vese abocada ao peche; ou, se polo contrario, a túa empresa está saneada e é viable económicamente, pero non conta con relevo xeracional, a solución pode ser a transformación da túa empresa en cooperativa de traballo asociado. 
Esta pode ser unha boa oportunidade para levar a cabo o teu proxecto empresarial, xa que, a partir destas situacións é cando surxen as posibilidades de actuación por parte das persoas con aspiración e espíritu emprendedor e que ás veces, supoñen a única oportunidade para poder continuar no mercado. 

Se é o teu caso, a Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado, COCETA, da que UGACOTA forma parte, pon ao teu dispor unha Guía para a transformación de empresas mercantís en cooperativas de traballo asociado.

Para descargar a guía preme aquí.

  Guía para a transformación de empresas mercantís en cooperativas de traballo



martes, 11 de diciembre de 2012

Cursos gratuítos UGACOTA

No vindeiro mes de xaneiro a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA vai poñer en marcha a súa programación formativa do Contrato Programa Autonómico PF-2012/000016, asinado por UGACOTA e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Obxectivo:
O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de Economía Social.
Cursos que se ofertan:


A quen van dirixidos?

Traballadores/as en activo,  socias e socios traballadores e de traballo e persoas asalariadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social  da Comunidade Autónoma de Galicia. Traballadores/as en activo doutro tipo de empresas. Persoas traballadoras actualmente en desemprego.

Info:
Para preinscribirte nos cursos do teu interese, preme na seguinte ligazón.

viernes, 30 de noviembre de 2012

Xornada: "Cooperar, unha opción con futuro" - 18 de decembro

O próximo 18 de decembro, celebrarase a Xornada "Cooperar, unha opción de futuro", organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, no marco do proxecto Coopera+, e que terá lugar no Salón I do Edificio CINC (Centro de Innovación Cultural) da Cidade da Cultura  (Santiago de Compostela).

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Valores e Principios do cooperativismo

A diferenza entre as cooperativas e o resto das empresas radica nos valores e principios que determinan o seu funcionamento,  isto é, a cultura cooperativa, e que todo emprendedor ou cooperativista debe ter en conta. 

martes, 27 de noviembre de 2012

Publicación do Decreto da Rede Eusumo

A Consellería de Traballo e Benestar acaba de publicar no DOG de hoxe, 27 novembro de 2012 o decreto polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento. 

jueves, 22 de noviembre de 2012

Algunhas ideas...Proxecto de biomasa forestal para crear emprego e riqueza no medio rural


Nos últimos días, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), publicou un detallado estudo sobre a situación do mercado da biomasa en Galicia, co obxectivo de coñecer a situación dunha fonte de enerxía renovable, autóctona e moito máis limpa, e que permite reducir as emisión de CO2 á atmosfera.

Neste sentido, e segundo recolle o documento, os galegos empregan, cada ano, máis dun millón de toneladas de leña nos seus fogares, unha cifra que leva aparellados importantes beneficios tanto económicos como ambientais. Así, e comparando a biomasa cos litros de gasóleo que serían necesarios para abastecer a mesma demanda enerxética, pódese concluír que a utilización desta fonte de enerxía evita a emisión a atmosfera de 1,5 millóns de toneladas de CO
2 ao ano, ao tempo que resulta un 60% máis barata.

O estudo afonda na situación actual en Galicia dunha fonte de enerxía que, debido ao forte incremento do prezo dos combustibles fósiles tradicionais, non só permite acadar os importantes aforros económicos e ambientais descritos, senón que tamén está capacitada para xerar emprego e riqueza no medio rural.


lunes, 19 de noviembre de 2012

RECORDATORIO: MAÑÁ 20 DE NOVEMBRO XORNADA COOPERATIVISMO EN VILASANTAR

Recordade que todavía estades a tempo de apuntarvos á Xornada de Cooperativismo que se realizará mañá día 20 de novembro no Local Social de Vilasantar ás 18 horas!!!

A xornada enmárcase nas actividades da Oficina de Fomento Cooperativo de Sobrado co apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo, que continúa a súa actividade de difusión do cooperativismo, no marco da Rede Eusumo, no ámbito dos concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto.

Na xornada presentaranse o servizo de Fomento Cooperativo e daranse as nocións básicas sobre a fórmula cooperativa para a posta en marcha de proxectos no ámbito territorial do proxecto. 


Ver programa completo e inscrición:

http://oficinacooperativassobrado.blogspot.com.es/2012/11/xornada-cooperativismo-concello-de.html




Contacto


Se tes unha idea, un proxecto, algunha dúbida sobre o cooperativismo, se pensaches na fórmula cooperativa como saída para o teu proxecto e precisas axuda para a posta en marcha; se xa formas parte dunha cooperativa e precisas do noso apoio, se buscas socios, persoal; se precisas solicitar algunha axuda ou subvención.... En calquer caso, non dubides en poñerte en contacto con nós na Oficina de Fomento Cooperativo e fainos chegar as túas ideas ou inquietudes a través dun correo, visitarnos ou unha chamada de teléfono. Agardámoste!

Oficina de Fomento Cooperativo
Concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508
E-mail: maria.lloves@sobrado.dicoruna.es


viernes, 9 de noviembre de 2012

XUNTOS! Como as cooperativas resisten mellor á crise.

Por fin é venres!!! 
Hoxe navegando na rede, e seguindo na liña da nova publicada onte , atopamos o vídeo que vos deixamos a continuación. É a versión adaptada ao castelán do documental TOGETHER. Este documental foi producido por CECOP-CICOPA EUROPE no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2012, donde nos amosan a resistencia das cooperativas á crise a través das testemuñas dos traballadores de catro experiencias cooperativas europeas de Francia (Fonderie de l'Aisne), Polonia (Muszynianka), Italia (Consorzio SIS) e España (Corporación MONDRAGON).

A versión española foi financiada por COCETA, a Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado.




jueves, 8 de noviembre de 2012

Récord histórico en Euskadi ao crearse durante este ano 100 cooperativas!!

O presidente da Confederación de Cooperativas de Euskadi, Koonfekoop, Javier Goienetxea, afirmou que en 2012 creáronse "máis de cen cooperativas, o que supón un récord absoluto histórico nun ano moi difícil, no que estamos metidos nunha crise como todos". Neste sentido, a confederación considera que as cooperativas vascas "están aguantando mellor a crise que empresas con outra figura xurídica porque a flexibilidade que outorga o feito de que os seus traballadores sexan tamén copropietarios facilita a adaptación das compañías á adversa coxuntura actual".

É tempo de cooperativizarse!!!

 
Ler artigo completo:



miércoles, 7 de noviembre de 2012

XORNADA COOPERATIVISMO - CONCELLO DE VILASANTAR

A Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado e o Concello de Vilasantar, co apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo ,

ORGANIZAN
Dentro das actividades de Promoción e Fomento do Cooperativismo:
  
XORNADA DE COOPERATIVISMO 2012 – CONCELLO DE VILASANTAR


DATA: Martes, 20 de novembro de 2012.
HORARIO: 18-20 hs.
LUGAR: Local Social de Vilasantar, Campo, s/n – Vilasantar
PROGRAMA:
·         Presentación da Oficina de Fomento Cooperativo no marco da Rede Eusumo.
·         A cooperativa como alternativa para a posta en marcha de proxectos de autoemprego:
-   Definición, clases, regulamento , réxime económico das cooperativas,…
-   Trámites de constitución e posta en marcha
-   Medidas de apoio
-   Casos reais
IMPARTE: Francisco Montouto (Área Proyectos y estudios – AZETANET Consultoría y Formación)
INFO:
§  CONCELLO DE VILASANTAR – 981 77 81 69

§  OFICINA DE FOMENTO COOPERATIVO
Casa do concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508


                                                                       

miércoles, 31 de octubre de 2012

MODIFICACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN AXUDA PARA O ACCESO Á CONDICIÓN DE SOCI@ TRABALLADOR@ NAS COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS

Hoxe, 31 de outubro, publicouse no DOG a modificación do prazo para a xustificación do Programa IV (Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a) da Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 (DOG número 13, do 19 de xaneiro de 2012).


As datas máximas para a xustificación da axuda quedan do seguinte xeito:

Programas I, II, III e V: remata o 31 de outubro de 2012 (1ª anualidade) e o 31 de maio de 2013 (2ª anualidade).
Programa IV: remata o 15 de novembro de 2012 (1ª anualidade) e o 31 de maio de 2013 (2ª anualidade).

martes, 30 de octubre de 2012

Vantaxes da cooperativa fronte ás sociedades mercantís

Na xornada de Cooperativismo que celebramos en Toques, o pasado 23 de outubro, algún asisitente preguntou acerca de cales eran as vantaxes da fórmula cooperativa fronte a outras formas xurídicas. 
A continuación detallamos algunhas das vantaxes da cooperativa fronte á outras sociedades mercantís:

miércoles, 24 de octubre de 2012

XORNADA CONCELLO DE TOQUES

Onte no Salón de Plenos do Concello de Toques, fixemos a presentación da Oficina de Fomento Cooperativo, e Fran, o formador escollido para esta xornada, explicou aos asistentes os trámites necesarios para a posta en marcha dunha cooperativa, as súas ventaxas fronte a outras formas xurídicas e os apoios existentes para a constitución deste tipo de proxectos. 


Ademáis, saíron algunhas ideas para posibles proxectos como actividades de servizos sociais (como podería ser unha empresa de axuda a domicilio), actividades de turismo rural, explotación comunitaria da terra... Ideas todas moi interesantes para o concello, pero que todavía precisan de maduración. 

É por iso que animamos a todos os asistentes interesados en seguir madurando e traballando nesas ideas,  que se poñan en contacto con nós na Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Sobrado (Casa do Concello de Sobrado) ou ben a través do teléfono Tlf..981 787508

viernes, 19 de octubre de 2012

AS COOPERATIVAS GALEGAS INNOVAN!!

Esta mañá achégamonos ata a xornada do proxecto I+COOPERA "A innovación vista de cerca", para escoitar entre outras cousas os casos de 6 cooperativas galegas de éxito. O proxecto I+COOPERA, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais está dirixido a promover un sector cooperativo máis competitivo mediante o impulso de proxectos e actividades diversas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. 


XORNADA COOPERATIVISMO- TOQUES

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Toques, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o martes 23 de outubro no Salón de Plenos da Casa do Concello de Toques (Souto, s/n) e dará comezo ás 18.00 horas, rematando sobre as 20.00 horas. 
Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello de Toques ou ben chamando ó teléfono 981 981 505 826 e preguntar pola Axente de Emprego, ou ben chamando á Oficina de Fomento Cooperativo (Sobrado) ao teléfono 981 787 508.

INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

jueves, 18 de octubre de 2012

Algúns datos sobre o cooperativismo de traballo asociado...

Onte, 17 de outubro a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Sobrado asistiu á Xornada de Cooperativas: unha alternativa ante a crise, organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, na súa labor de fomento e divulgación do cooperativismo e a economía social, e enmarcada no proxecto europeo COOPERA+, cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007 -2013. 

Ao longo das diferentes exposicións puidemos tomar moitos apuntamentos, como por exemplo da excelente ponencia de UGACOTA (Unión de cooperativas de traballo asociado) a cargo de Mar Pernas, que nos aportou datos tan interesantes sobre as cooperativas de traballo asociado como que "no que vai de ano, en Galicia, xa se crearon máis cooperativas de traballo asociado que en todo o ano anterior, parece estar claro que a crise está creando oportunidades de emprendemento". 

Parece que, en efecto, hai emprendedores que están a ver a CRISE como unha OPORTUNIDADE a través do EMPRENDEMENTO COLECTIVO (Cooperativo).


Según datos de UGACOTA, o cooperativismo español está conformado por máis de 22.000 empresas e máis de 1.290.000 socios e socias. Ao cooperativismo de traballo asociado correspóndenlle 17.000 desas empresas e 290.000 persoas socias traballadoras. 

Atendendo as cifras de emprego, dende o comezo da crise no 2007 creáronse en España 6.559 novas cooperativas que xeraron máis de 59.000 novos empregos. Só se perderon nese mesmo período 1.900 empregos, 6 puntos por debaixo da media estatal. 

Comentar tamén que, atendendeo ao xénero, o 50% do emprego xerado nas cooperativas é feminino. 
En relación a temporalidade dos contratos, o 80% do emprego é fixo e estable xa que corresponde as propias persoas socias. Do 20% restante, o 75% é traballo estable, de persoas contratadas de xeito indefinido. 

Por todo o anterior, desde a Oficina de Fomento Cooperativo, animámosvos a todos os que estades en situación de desemprego, ou simplemente queredes mellorar a vosa situación laboral, que...por qué non animarse a traballar de xeito cooperativo??


 

CANCELADA!!!! XORNADA COOPERATIVISMO - VILASANTAR

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Vilasantar, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o luns 22 de outubro no Local Social de Vilasantar (Campo, s/n- Vilasantar) e dará comezo ás 18.00 horas, rematando sobre as 20.00 horas. 
Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello de Vilasantar ou ben chamando ó teléfono 981 787 508 e preguntar pola Axente de Emprego, ou ben chamando á Oficina de Fomento Cooperativo (Sobrado) ao teléfono 981 787 508.
INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

lunes, 15 de octubre de 2012

AVISO: APLÁZASE A XORNADA DO 16 DE OUTUBRO EN BOIMORTO

A xornada de cooperativismo prevista para o día 16 de outubro no concello de Boimorto, aprázase ata o próximo mes de febreiro.

Máis info: Oficina Fomento Cooperativo
Concello de Sobrado
981 78 75 08

martes, 9 de octubre de 2012

Xornadas cooperativismo Sobrado e Boimorto

Aínda estás a tempo de apuntarte ás xornadas de cooperativismo que se celebrarán en Sobrado (Na Casa da Irmandade, de 18-20 hs) o luns 15 de outubro e en Boimorto o martes 16 ( Baixo do Concello -no local do antigo Bar)

Info: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508



Vantaxes da cooperativa fronte ao empresario individual (autónomo)


  • O promotor non está só , o cal permite chegar a clientes máis importantes.
  • Compartir o risco. Aínda que un factor inherente á creación de toda empresa é o risco, neste caso é compartido cos outros membros da cooperativa.
  • A responsabilidade está limitada ás achegas feitas ao capital da empresa.
  • Complementariedade entre os diferentes perfís profesionais e persoais existentes no seo da cooperativa.
  • A carga de traballo é máis uniforme, por ser marcada polos/as propios/as cooperativistas.
  • A flexibilidade dos horarios posibilítalles unha maior e mellor conciliación da vida familiar e laboral.
  • Posibilidade de aforrar custos, principalmente nos casos de mercas conxuntas (de maquinaria, ferramentas, equipos, etc.)
  • Poden elixir o xeito de cotizar fronte á Seguridade Social. Teñen a posibilidade de optar polo réxime xeral ou polo réxime especial dos traballadores autónomos sempre que sexa acordado de xeito común por todos os membros da cooperativa.