martes, 26 de febrero de 2013

Plan de Formación Continua de Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA

O vindeiro mes de marzo UGACOTA pon en marcha a súa programación formativa correspondente á convocatoria estatal de formación continua para entidades de economía social, xestionada pola Confederación española de cooperativas de traballo asociado-COCETA. 

A formación non ten ningún custe xa que está subvencionada. 

O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de economía social.


Os cursos van dirixidos a: persoas socias e traballadoras de cooperativas e demais empresas e entidades da economía social, e persoas en desemprego, de Galicia.


As accións realizaranse na modalidade de teleformación e son as seguintes:

- Contaplus . 110 horas - Data de inicio pendente

- Programa Avanzado En Liderazgo e Habilidades Directivas. 150 horas - Inicio : 13/03/2013
- Inglés Profesional Para Actividades Comerciais. 90 horas - Inicio : 15/03/2013
- Marketing 2,0. 90 horas - Inicio: 15/03/2013
- Deseño de Páxina Web. 60 horas. Inicio : 18/03/2013
- Programa Avanzado Social Media Management . 120 horas - Inicio: 14/03/2013
- Cloud Computing. 30 horas - Inicio. 18/03/2013
- Photoshop . 80 horas - Inicio: 15/03/2013
- Manipulador de Alimentos. 10 horas - Inicio: 18/03/2013

Para ver o programa e preinscribirte nos cursos do teu interese,accede co seguinte enlace:


http://catalogoscursos.formaten.com/catalogos/index/UGACOTA2012


Ou a través da web de Ugacota: www.ugacota.coop

Visita a exposición "Descubre as cooperativas" en Boimorto!!

A exposición "Descubre as cooperativas” é un percorrido dinámico e interactivo polas potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empesarial capaz de mater e crear emprego nun contexto de crise económica como o que estamos a vivir.
Esta exposición, organizada a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, está aberta a tódalas persoas interesadas, de xeito gratuíto, no Centro Social Municipal de Boimorto ata o 1 e marzo, en horario de 9.30 a 13 horas.
Nela, poderedes coñecer as claves do modelo cooperativo:
  • qué son as cooperativas
  • tipos de cooperativas que existen
  • como funcionan
  • cales son os seus valores
  • que pasos dar para crear unha
  • que apoios existen
Así, mediante paneis informativos e pantallas interactivas, poderedes, dun xeito entretido, achegarvos aos distintos tipos de cooperativas, ao autoemprego cooperativo ou mesmo comprobar de primeira man se tedes “madeira de cooperativistas”.
Agardámosvos no Centro Social Municipal de Maiores de Boimorto (Pr. da Gándara, nº1- Boimorto).

jueves, 21 de febrero de 2013

Xornada "A cooperativa como fórmula de autoemprego no medio rural" (venres, 1 de marzo -Boimorto)

A Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado e o Concello de Boimorto, co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo, organizan a Xornada "A cooperativa como fórmula de autoemprego no medio rural", que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, os trámites necesarios para a súa posta en marcha, e dar a coñecer a experiencia real de dúas cooperativas de éxito: Melisanto e Milhulloa.

A xornada terá lugar o venres 1 de marzo no Centro Social Municipal de Maiores de Boimorto (Pr. da Gándara, nº 1) e dará comezo ás 10.30 horas rematando sobre as 13.30 horas.


Info: Aquelas persoas interesadas poden apuntarse na Casa do Concello de Boimorto (981 516 020), na Oficina de Fomento Cooperativo (981 787 508), ou ben a través do correo-e maria.lloves@sobrado.dicoruna.es antes do 28 de febreiro. 

Cartel da Xornada:


Anímate a visitar a exposición "Descubre as cooperativas" en Boimorto

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e coa colaboración da Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado e o Concello de Boimorto, pon a vosa disposición a exposición ‘Descubre as cooperativas’. Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social dirixida á xeración de emprego, e que conta co apoio do Fondo Social Europeo.

jueves, 7 de febrero de 2013

Axudas do Ministerio para a Integración Cooperativa

O Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente aprobou a convocatoria para 2013 de axudas ao fomento da integración cooperativa de ámbito estatal. Según publica o Boletín Oficial do Estado do pasado 5 de febreiro (BOE nº 31) as solicitudes poderán presentarse no prazo de dous meses dende o día seguinte á publicación da axuda, e a contía total máxima estimada establécese en 2.552.000 euros, condicionada á existencia de crédito adecuado.
Entre os aspectos que se valorarán á hora de conceder as axudas, figura que a integración resulte da fusión de dous ou máis entidades, ter como obxectivo a innovación de procesos de produción e de comercialización, fomentar a participación da muller, ou incluír algunha zona rural para revitalizar, entre outros. 

Consulta o texto completo da axuda aquí.

lunes, 4 de febrero de 2013

Visita a exposición "Descubre as Cooperativas" esta semana en Portomarín (Oficina de fomento Cooperativo Mancomunidade do Camiño Francés)


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e coa colaboración da Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade do Camiño Francés, pon en marcha en Portomarín a exposición ‘Descubre as cooperativas’. Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social dirixida á xeración de emprego, e que conta co apoio do Fondo Social Europeo.

Canto costa emprender en Europa?

Canto costa emprender en Europa? Aquí vos deixo un artículo de "Muy Pymes" sobre as diferenzas e similitudes de emprender en España, Estados Unidos e outros países europeos:

http://www.muypymes.com/2013/01/31/emprender-europa-estados-unidos