miércoles, 31 de octubre de 2012

MODIFICACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN AXUDA PARA O ACCESO Á CONDICIÓN DE SOCI@ TRABALLADOR@ NAS COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS

Hoxe, 31 de outubro, publicouse no DOG a modificación do prazo para a xustificación do Programa IV (Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a) da Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 (DOG número 13, do 19 de xaneiro de 2012).


As datas máximas para a xustificación da axuda quedan do seguinte xeito:

Programas I, II, III e V: remata o 31 de outubro de 2012 (1ª anualidade) e o 31 de maio de 2013 (2ª anualidade).
Programa IV: remata o 15 de novembro de 2012 (1ª anualidade) e o 31 de maio de 2013 (2ª anualidade).

martes, 30 de octubre de 2012

Vantaxes da cooperativa fronte ás sociedades mercantís

Na xornada de Cooperativismo que celebramos en Toques, o pasado 23 de outubro, algún asisitente preguntou acerca de cales eran as vantaxes da fórmula cooperativa fronte a outras formas xurídicas. 
A continuación detallamos algunhas das vantaxes da cooperativa fronte á outras sociedades mercantís:

miércoles, 24 de octubre de 2012

XORNADA CONCELLO DE TOQUES

Onte no Salón de Plenos do Concello de Toques, fixemos a presentación da Oficina de Fomento Cooperativo, e Fran, o formador escollido para esta xornada, explicou aos asistentes os trámites necesarios para a posta en marcha dunha cooperativa, as súas ventaxas fronte a outras formas xurídicas e os apoios existentes para a constitución deste tipo de proxectos. 


Ademáis, saíron algunhas ideas para posibles proxectos como actividades de servizos sociais (como podería ser unha empresa de axuda a domicilio), actividades de turismo rural, explotación comunitaria da terra... Ideas todas moi interesantes para o concello, pero que todavía precisan de maduración. 

É por iso que animamos a todos os asistentes interesados en seguir madurando e traballando nesas ideas,  que se poñan en contacto con nós na Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Sobrado (Casa do Concello de Sobrado) ou ben a través do teléfono Tlf..981 787508

viernes, 19 de octubre de 2012

AS COOPERATIVAS GALEGAS INNOVAN!!

Esta mañá achégamonos ata a xornada do proxecto I+COOPERA "A innovación vista de cerca", para escoitar entre outras cousas os casos de 6 cooperativas galegas de éxito. O proxecto I+COOPERA, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais está dirixido a promover un sector cooperativo máis competitivo mediante o impulso de proxectos e actividades diversas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. 


XORNADA COOPERATIVISMO- TOQUES

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Toques, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o martes 23 de outubro no Salón de Plenos da Casa do Concello de Toques (Souto, s/n) e dará comezo ás 18.00 horas, rematando sobre as 20.00 horas. 
Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello de Toques ou ben chamando ó teléfono 981 981 505 826 e preguntar pola Axente de Emprego, ou ben chamando á Oficina de Fomento Cooperativo (Sobrado) ao teléfono 981 787 508.

INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

jueves, 18 de octubre de 2012

Algúns datos sobre o cooperativismo de traballo asociado...

Onte, 17 de outubro a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Sobrado asistiu á Xornada de Cooperativas: unha alternativa ante a crise, organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, na súa labor de fomento e divulgación do cooperativismo e a economía social, e enmarcada no proxecto europeo COOPERA+, cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007 -2013. 

Ao longo das diferentes exposicións puidemos tomar moitos apuntamentos, como por exemplo da excelente ponencia de UGACOTA (Unión de cooperativas de traballo asociado) a cargo de Mar Pernas, que nos aportou datos tan interesantes sobre as cooperativas de traballo asociado como que "no que vai de ano, en Galicia, xa se crearon máis cooperativas de traballo asociado que en todo o ano anterior, parece estar claro que a crise está creando oportunidades de emprendemento". 

Parece que, en efecto, hai emprendedores que están a ver a CRISE como unha OPORTUNIDADE a través do EMPRENDEMENTO COLECTIVO (Cooperativo).


Según datos de UGACOTA, o cooperativismo español está conformado por máis de 22.000 empresas e máis de 1.290.000 socios e socias. Ao cooperativismo de traballo asociado correspóndenlle 17.000 desas empresas e 290.000 persoas socias traballadoras. 

Atendendo as cifras de emprego, dende o comezo da crise no 2007 creáronse en España 6.559 novas cooperativas que xeraron máis de 59.000 novos empregos. Só se perderon nese mesmo período 1.900 empregos, 6 puntos por debaixo da media estatal. 

Comentar tamén que, atendendeo ao xénero, o 50% do emprego xerado nas cooperativas é feminino. 
En relación a temporalidade dos contratos, o 80% do emprego é fixo e estable xa que corresponde as propias persoas socias. Do 20% restante, o 75% é traballo estable, de persoas contratadas de xeito indefinido. 

Por todo o anterior, desde a Oficina de Fomento Cooperativo, animámosvos a todos os que estades en situación de desemprego, ou simplemente queredes mellorar a vosa situación laboral, que...por qué non animarse a traballar de xeito cooperativo??


 

CANCELADA!!!! XORNADA COOPERATIVISMO - VILASANTAR

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Vilasantar, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o luns 22 de outubro no Local Social de Vilasantar (Campo, s/n- Vilasantar) e dará comezo ás 18.00 horas, rematando sobre as 20.00 horas. 
Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello de Vilasantar ou ben chamando ó teléfono 981 787 508 e preguntar pola Axente de Emprego, ou ben chamando á Oficina de Fomento Cooperativo (Sobrado) ao teléfono 981 787 508.
INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

lunes, 15 de octubre de 2012

AVISO: APLÁZASE A XORNADA DO 16 DE OUTUBRO EN BOIMORTO

A xornada de cooperativismo prevista para o día 16 de outubro no concello de Boimorto, aprázase ata o próximo mes de febreiro.

Máis info: Oficina Fomento Cooperativo
Concello de Sobrado
981 78 75 08

martes, 9 de octubre de 2012

Xornadas cooperativismo Sobrado e Boimorto

Aínda estás a tempo de apuntarte ás xornadas de cooperativismo que se celebrarán en Sobrado (Na Casa da Irmandade, de 18-20 hs) o luns 15 de outubro e en Boimorto o martes 16 ( Baixo do Concello -no local do antigo Bar)

Info: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508



Vantaxes da cooperativa fronte ao empresario individual (autónomo)


  • O promotor non está só , o cal permite chegar a clientes máis importantes.
  • Compartir o risco. Aínda que un factor inherente á creación de toda empresa é o risco, neste caso é compartido cos outros membros da cooperativa.
  • A responsabilidade está limitada ás achegas feitas ao capital da empresa.
  • Complementariedade entre os diferentes perfís profesionais e persoais existentes no seo da cooperativa.
  • A carga de traballo é máis uniforme, por ser marcada polos/as propios/as cooperativistas.
  • A flexibilidade dos horarios posibilítalles unha maior e mellor conciliación da vida familiar e laboral.
  • Posibilidade de aforrar custos, principalmente nos casos de mercas conxuntas (de maquinaria, ferramentas, equipos, etc.)
  • Poden elixir o xeito de cotizar fronte á Seguridade Social. Teñen a posibilidade de optar polo réxime xeral ou polo réxime especial dos traballadores autónomos sempre que sexa acordado de xeito común por todos os membros da cooperativa.

jueves, 4 de octubre de 2012

Xornada de Cooperativismo - Concello de Boimorto (16 outubro)

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Boimorto, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o martes 16 de outubro no Baixo do Concello (no local do antigo Bar), en horario de seis da tarde á oito. 
A inscrición é gratuíta e poderá facerse no Concello (ou no 981 51 60 20).  
Info: http://www.concellodeboimorto.es/nova/curso-de-cooperativismo-2012

Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508