martes, 29 de octubre de 2013

XORNADA COOPERATIVISMO NO SECTOR TURÍSTICO- SOBRADO- 30 0UTUBRO



Programa:

18.00 Apertura da xornada e benvida aos asistentes. Presentación da Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado.

18.15 Breve introdución da fórmula cooperativa:
Teño perfil cooperativista?; O plan de empresa: pasos para constituír unha cooperativa de éxito,…
(Relator: Pilar López Alves de Amorín, técnica de proxectos cooperativos da Federación de Cooperativas SINERXIA)

19.15 Cooperativas de traballo asociado: A experiencia das cooperativas do sector turístico. (Relator: Pilar López Alves de Amorín, técnica de proxectos cooperativos da Federación de Cooperativas SINERXIA)



20.15 h Conclusións. Reflexións. Enderezos de interese. Clausura da Xornada. 

lunes, 28 de octubre de 2013

XORNADA COÑECE AS COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO-CURTIS- 30 OUTUBRO

O próximo mércores 30 de outubro, ás 10 hs. no Edificio Multiusos de Curtis, Recinto Ferial, s/n, terá lugar a Xornada "Coñecendo as cooperativas de Traballo Asociado", impartida pola Federación de cooperativas Sinerxia e coas experiencias das cooperativas de traballo asociado: Abeiro Social, S.Coop.Galega e Tagen Ata, S.Coop. Galega. 

Obxectivo: dar a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa de autoemprego, a través de dinamización de grupos promotores locais.

Entregarase diploma de asistencia.

Dirixida a persoas desempregadas, emprendedoras, institucións públicas e privadas e calquera persoa interesada en xeral.

Apúntate no Concello de Curtis ou na OFC Agrupación Sobrado (981 787 508)

Programa da xornada:
Foto

CAMBIO DE HORARIO XORNADA DE VILASANTAR · 29 OUT!!!

Adiántase ás 16.30 o horario da Xornada "A produción de Hortalizas no Medio Rural, unha opción viable a través da cooperativa", mañá 29 no Concello de Vilasantar.

Aínda quedan prazas apúntate!!!!

Máis info: Oficina de Fomento Cooperativo- Agrupación Sobrado. 
Tlf. 981 787 508
maria.lloves@sobrado.dicoruna.es

viernes, 25 de octubre de 2013

XORNADA DE COOPERATIVISMO CONCELLO DE VILASANTAR - 29 OUT

Estás desempregad@? Coñeces a fórmula cooperativa como alternativa para o emprendemento? Tes unha horta e gustaríache saber qué posibilidades che pode ofrecer?

Apúntate á Xornada "A produción de Hortalizas no Medio Rural, unha opción viable a través da cooperativa" o día 29 no Concello de Vilasantar.

Máis info: Oficina de Fomento Cooperativo- Agrupación Sobrado. 
Tlf. 981 787 508
maria.lloves@sobrado.dicoruna.es



lunes, 21 de octubre de 2013

XORNADA COOPERATIVISMO CONCELLO DE TOQUES- 24 OUTUBRO

Estás desempregad@? Coñeces a fórmula cooperativa como alternativa para o emprendemento? Tes unha horta e gustaríache saber qué posibilidades che pode ofrecer?

Apúntate á Xornada "A produción de Hortalizas no Medio Rural, unha opción viable a través da cooperativa" o día 24 no Concello de Toques.

Máis info: Oficina de Fomento Cooperativo- Agrupación Sobrado. 
Tlf. 981 787 508
maria.lloves@sobrado.dicoruna.es

lunes, 14 de octubre de 2013

XORNADA COOPERATIVISMO 17 OUTUBRO BOIMORTO: A PRODUCIÓN DE HORTALIZAS NO MEDIO RURAL, UNHA OPCIÓN VIABLE A TRAVÉS DA COOPERATIVA



Obxectivo: dar a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa de autoemprego, a través de dinamización de grupos promotores locais.

Entregarase diploma de asistencia.

Dirixida a persoas desempregadas, emprendedoras, institucións públicas e privadas e calquera persoa interesada en xeral.
 
Prazo de inscrición: ata o 16 de outubro.


Programa:

10.00  Apertura da xornada e benvida aos asistentes (autoridades locais).
Presentación da Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado

10.15  - Breve introdución da fórmula cooperativa: qué é unha cooperativa, cómo funciona, órganos sociais, dereitos e deberes dos socios,… (Relator: María Rey Campos, Técnica de Agaca- Asociación Galega de Cooperativas Agrarias)
           
11.15 h – A produción de hortalizas en comarcas do interior: unha opción viable. (Relator: Representante de Melisanto S. Coop. Galega).

12.15 h - Conclusións. Reflexións. Enderezos de interese. Clausura da Xornada.

viernes, 4 de octubre de 2013

PROGRAMACIÓN XORNADAS COOPERATIVISMO OFC SOBRADO

Adianto das Xornadas da OFC Agrupación Sobrado para a segunda quincena do mes de outubro:

- A produción de hortalizas no medio rural, unha opción viable a través da cooperativa (Concellos de Boimorto, Toques e Vilasantar)

- Coñecendo as cooperativas de traballo asociado: Servizos sociais (Concello de Curtis)

- As cooperativas no sector turístico (Concello de Sobrado)

Nos próximos días confirmaremos datas e horarios definitivos.

martes, 1 de octubre de 2013

Axudas para plantación de castiñeiro para froito no ámbito da IXP Castaña de Galicia

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca axudas para plantación con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:
1. Provincia da Coruña: a Comarca da Terra de Melide (Sobrado, Toques, Melide, Santiso), e os concellos de Arzúa e Boimorto (comarca de Arzúa).

jueves, 26 de septiembre de 2013

RECURSOS COOPERATIVOS

Nesta sección podes dispor de recursos para o emprendemento cooperativo: normativa vixente, estudios sobre cooperativismo, manuais sobre cooperativas e acceso a recursos virtuais do que poden serche útiles.

Intentaremos actualizar o contido periodicamente e ir incorporando novos recursos que poidan resultar de utilidade para todos aqueles interesados no mundo do cooperativismo e a economía social.


ESTUDIOS SOBRE COOPERATIVISMO EN GALICIA
 
- O cooperativismo en Galicia:

MANUAIS SOBRE COOPERATIVAS

- Manuel de cooperativismo e autoemprego:
https://docs.google.com/file/d/0B5O7qIyOEf3XWHZfazFCUDBQZHc/edit?usp=sharing


- Guía Virtual de Emprendemento da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) - cómo e onde crear cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e autoemprego de persoas con discapacidade:
http://www.cepes.es/pagina_cepes=44
 
 

NORMATIVA SOBRE COOPERATIVAS

- Texto vixente da Lei cooperativas de Galicia

http://www.cooperativasdegalicia.com/asistente/docs/Texto_Vixente.pdf

- Resumo explicativo da modificación da Lei e procedemento de adaptación voluntaria dos estatutos sociais:

http://www.cooperativasdegalicia.com/docs/Resumoexplicativo.pdf 

miércoles, 18 de septiembre de 2013

ACTIVIDADES FORMATIVAS DE COOPERATIVISMO - UCETAG

A través do convenio de colaboración subscrito coa Consellería e Traballo e Benestar, e dentro da programación da Rede EUSUMO, a UCETAG (Unión de Cooperativas do Ensino de Traballo Asociado de Galicia) ofrece a posiblidade de realizar as seguintes accións formativas durante os meses de setembro e outubro:


 

jueves, 12 de septiembre de 2013

Que ofrece a OFC?

A Oficina de Fomento Cooperativo de Sobrado iniciou a súa andaina no mes de agosto de 2012, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e ofrece servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar, Boimorto e Curtis (facéndose extensible aos concellos limítrofes e da comarca (Melide, Santiso, etc.).
O seu obxectivo é dar apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos agrupados, dando servizo a emprendedores e promotores cooperativistas, facendo especial fincapé nos mozos/as, desempregados/as e mulleres en xeral. De igual xeito, trata de sensibilizar á sociedade coa divulgación dos valores cooperativos a través de accións formativas.

Cales son as tarefas que realiza?

viernes, 6 de septiembre de 2013

REAPERTURA DA OFICINA DE FOMENTO COOPERATIVO

Bo día, 
Dende o pasado 2 de setembro volve a estar operativa a OFC da Agrupación Sobrado. Nesta ocasión entra tamén a formar parte da Agrupación o Concello de Curtis, que xunto cos de Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto conforman os cinco concellos integrantes do proxecto.

Nas próximas semanas iremos informando sobre as novas actividades que se van levar a cabo nesta nova andaina, animándovos a que nos enviedes suxerencias sobre xornadas ou calquera outro tipo de actividade relacionada co cooperativismo e a economía social que poidan ser do voso interese. 

De igual xeito, recordamos a todo aquel interesado no emprendemento cooperativo que nos visite ou que se poña en contacto coa OFC ou a través dos técnicos de emprego de calquera dos concellos participantes, remarcando, unha vez máis, que as cooperativas son unha boa alternativa para garantir un emprego estable e dinamizar o entorno local no que se asentan. 

Oficina de Fomento Cooperativo
Concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508
E-mail: maria.lloves@sobrado.dicoruna.es
Facebook: Oficina Fomento Cooperativo Agrupación Sobrado

martes, 14 de mayo de 2013

RESUMO AXUDAS PUBLICADAS NAS ÚLTIMAS SEMANAS E PRAZOS

Repasamos as axudas que se viñeron publicando no DOG nas últimas semanas e os prazos de solicitude:

- Axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia 

Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes: 

1) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo. 

2) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos. 

3) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural. 

Fin do prazo: 29 de maio 2013

Axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais

Obxecto: establecer as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2013. 

Fin do prazo: 29 de maio 2013

- Subvención a proxectos dinamizadores das áreas  rurais promovidos por microempresas para o uso das TIC´s

Obxecto: Potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia. 
As axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio. 

Fin do prazo: 7 de xuño 2013

- Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora das infraestruturas de establecementos hoteleiros do grupo I, albergues turísticos, empresas de servizos turísticos complementarios e restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia


Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
• Actuacións relativas á modernización das instalacións.
• Actuacións destinadas ao aumento da categoría do establecemento.
•Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
•Actuacións destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental.
• Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter a certificación de calidade.
Fin do prazo: 8 de xuño 2013

miércoles, 8 de mayo de 2013

AXUDAS A PROXECTOS DINAMIZADORES DE ÁREAS RURAIS PARA O USO DAS TICs 2013


A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 546.000 euros aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para o periodo 2013. (DOG nº 87, martes 7 de maio de 2013).

Estas axudas están destinadas á implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software), para que as microempresas aproveiten as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) xunto co acceso a internet de calidade, no seu proceso de negocio.

Se estades interesados visitade a páxina de axudas de AGADER:


martes, 7 de mayo de 2013

PREMIOS COOPERACIÓN E CONCURSOS COOPERATIVISMO 2013 (AVISO FIN DO PRAZO)


Recordamos que o próximo día 15 de maio remata o prazo para presentar as solicitudes aos diferentes Concursos e Premios de Cooperativismo 2013.  

Premios á Cooperación 2013
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.
Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:
·         Premios aos valores cooperativos
·         Premio ao mellor proxecto cooperativo
·         Premio á promoción do cooperativismo
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013
ligazón

Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013.
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do concurso de iniciativas cooperativas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.
Premiaranse aos impulsores das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa.
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013
ligazón

Certame Cooperativismo no Ensino 2013
O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centro educativos de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.
O alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguinte modalidades
·         Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
·         Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria.
·         Modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixido ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional.
O prazo de presentación de solicitudes e de traballos remata o 15 de maio de 2013.
ligazón

Programa “Cooperamos”
Co obxecto de facilitar a realización das actividades de promoción do cooperativismo, os centros educativos poderán participar no programa “Cooperamos”. A través deste programa os centros poderán recibir asesoramento e apoios técnicos para as labores divulgativas e para a elaboración dos traballos para participar no certame
Os centros poderán presentar a súa solicitude de participación no programa a través da páxina web www.cooperativasdegalicia.coop, onde poderán tramitar a súa inscrición. O prazo para presentar as fichas de inscrición rematará transcorrido un mes dende a publicación da Orde do 4 de abril de 2013, pola que se procede á convocatoria do certame Cooperativismo no ensino.
ligazón

martes, 23 de abril de 2013

Ética e diñeiro. Que é a banca ética?

A banca ética, tamén coñecida como banca social, é un conxunto de entidades financeiras cuxos produtos non están condicionados exclusivamente ao criterio de máximo beneficio e a especulación, senón á economía real e incluso eles mesmos se organizan o arredor de fórmulas cooperativas. 
Nos últimos anos, a crise económica e bancaria provocou o descenso do financiamento crediticio e o endurecemento das condicións de acceso ao crédito para os proxectos empresariais. Ademáis, os cidadáns cada vez demandan máis información transparente, fiable e suficiente sobre os seus aforros e investimentos.
Todo o anterior, axudou ao ascenso da banca ética e responsable que xa se viña desenvolvendo desde anos atrás.  

viernes, 19 de abril de 2013

CURSO "INNOVACIÓN EN CULTIVOS HORTÍCOLAS EN INVERNADOIRO"


AGACA organiza un curso de INNOVACIÓN EN CULTIVOS HORTÍCOLAS EN INVERNADOIRO, dirixido a menores de 30 anos inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego. Terán prioridade de acceso aqueles que reúnan unha destas condicións: que sexan desempregados de longa duración, que non accederan ao seu primeiro emprego, de baixa cualificación ou procedentes do plan PREPARA. 

Esta acción formativa está financiada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social – Servizo Público de Emprego Estatal, e impartirase en modalidade presencial, cunha duración de 110 horas lectivas, das cales, 30 correspóndense á realización de prácticas. 

O inicio da actividade formativa está previsto para principios do mes de maio nas instalacións da cooperativa MELISANTO, na localidade de Melide. 

Entre os contidos do curso destacan cuestións como as novas técnicas para o uso sostible dos fertilizantes, control de pragas, aproveitamento de recursos naturais, distintos tipos de rego, compostaxe, rotación de cultivos, etc. 

Os interesados poden solicitar a súa pre-inscrición chamando ás oficinas de AGACA en Santiago de Compostela, 981-584783, antes do 25 de abril.

viernes, 12 de abril de 2013

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2013

O DOG nº 71 de data de 12 de abril de 2013 publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.  

A finalidade destes premios é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

Os premios outórganse pola realización dun destacado labor no eido do cooperativismo e contan coas seguintes modalidades: