viernes, 21 de diciembre de 2012

Cooperativas de servizos sociais


Tal como se recolle no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014, o avellentamento da poboación galega, xunto coa competitividade económica, o respecto medioambiental e o aproveitamento enerxético, constitúen os grandes retos da nosa sociedade para os próximos anos.
En particular, ao avellentamento da poboación, e a alta porcentaxe de poboación dependente, sobre todo no ámbito rural, súmase unha taxa de actividade feminina baixa.
Neste marco, a economía da saúde, os servizos á terceira idade e os servizos de benestar serán un dos eixos de desenvolvemento económico estratéxicos.

En Galicia existen máis de 30 cooperativas con actividade no CNAE de servizos sociais. Case todas prestan servizos SEN aloxamento, estas son maioritariamente de Traballo Asociado (74%) ou de Servizos Sociais e Traballo asociado (13%). Se facemos a análise por provincias, donde máis peso teñen é na provincia de Ourense (35%), con 29% A Coruña, 16% Lugo e 19% Pontevedra.

1. Por que non articular o sector de servizos sociais en forma cooperativa?

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Consumo responsable e agroecolóxico - Cooperativas de consumo

Nos últimos tempos, os agricultores teñen mudado a súa modalidade produtiva adaptándose ás esixencias dos clientes aos que venden as súas colleitas. Os novos agricultores xoves procedentes das cidades, que en moitos casos se desprazan ao campo por mor do desemprego, apostan por cultivos sans e de calidade sen compoñentes artificiais.
Víctor Suárez e Javier Martínez
na súa horta ecolóxica en Cerqueda
Ademáis, aqueles que cultivan persoalmente ás súas hortas, as granxas e sociedades agrarias de produción agropecuaria converteronse nos principais subministradores de produtos cárnicos e lácteos mediante o desenrolo de prácticas ecolóxicas. Non caben compoñentes químicos cos que alimentar os animais nin cubrir pastos ou hortas e non hai outra ambición que unha produción de alta calidade.

COOPERAR, UNHA OPCIÓN CON FUTURO

Onte, 18 de decembro, a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado asistiu á Xornada "Cooperar, unha opción con futuro", organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, donde se abordaron diferentes temáticas sobre o cooperativismo como opción con futuro para o desenvolvemento económico e social e para a creación de emprego. Ademáis, realizouse a presentación ofIcial da recentemente creada REDE EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social, explicando as vantaxes e beneficios que significará a súa creación.

viernes, 14 de diciembre de 2012

OFERTA DE EMPREGO- PROCURA DE SOCIO PARA HORTA ECOLÓXICA

Fernando Salgado e outros soci@s teñen unha horta ecolóxica certificada (“Ecohorta da Ulloa”) moi preto da Eira, en Andemil, Sambreixo, con 850 m2 de invernadoiro, outros 1000m2 sin invernadoiro, 4 colmeas e un total de 45.000m2 de finca con bosque mixto e prado onde paces 3 égoas e crecen prantas medicinais que se poderían colleitar e aproveitar tamén (especialmente milenrama, hipérico e gordolobo).
A horta conta co Certificado CRAEGA (Consello Regulador da agricultura ecolóxica de Galiza).
Tiñan unha socia traballadora que por motivos familiares non pode seguir con eles e por iso precisan dunha persoa que lle guste traballar a horta en ecolóxico que teña transporte e que viva preferiblemente na zona para traballar e repartir os beneficios.


Se vos interesa, o contacto de Fernando é o seguinte: feisalgado@mundo-r.com ou 665 35 38 67

Fonte: http://eiradaxoana.blogaliza.org/ 
 

jueves, 13 de diciembre de 2012

Guía para a transformación de empresas mercantís en cooperativas de traballo asociado

Se a túa empresa está sufrindo a crise e vese abocada ao peche; ou, se polo contrario, a túa empresa está saneada e é viable económicamente, pero non conta con relevo xeracional, a solución pode ser a transformación da túa empresa en cooperativa de traballo asociado. 
Esta pode ser unha boa oportunidade para levar a cabo o teu proxecto empresarial, xa que, a partir destas situacións é cando surxen as posibilidades de actuación por parte das persoas con aspiración e espíritu emprendedor e que ás veces, supoñen a única oportunidade para poder continuar no mercado. 

Se é o teu caso, a Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado, COCETA, da que UGACOTA forma parte, pon ao teu dispor unha Guía para a transformación de empresas mercantís en cooperativas de traballo asociado.

Para descargar a guía preme aquí.

  Guía para a transformación de empresas mercantís en cooperativas de traballo



martes, 11 de diciembre de 2012

Cursos gratuítos UGACOTA

No vindeiro mes de xaneiro a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA vai poñer en marcha a súa programación formativa do Contrato Programa Autonómico PF-2012/000016, asinado por UGACOTA e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Obxectivo:
O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de Economía Social.
Cursos que se ofertan:


A quen van dirixidos?

Traballadores/as en activo,  socias e socios traballadores e de traballo e persoas asalariadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social  da Comunidade Autónoma de Galicia. Traballadores/as en activo doutro tipo de empresas. Persoas traballadoras actualmente en desemprego.

Info:
Para preinscribirte nos cursos do teu interese, preme na seguinte ligazón.