Ugacota, en colaboración con Novacaixagalicia e a Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha unha nova convocatoria de Bolsas Xerenciais en Cooperativas, o recurso está dentro do programa chamado “Programa de apoio á función xerencial en cooperativas”.
As bolsas, ofrecen a posibilidade de contar, durante 9 meses, cunha persoa cualificada na área empresarial, que realiza labores xerenciais en prácticas, e desenvolve un Plan de Mellora
para a cooperativa. Isto faino co apoio e o seguimento dun titor
especializado de Ugacota, e seguinto un Plan Formativo teórico –
práctico. Adxudicaranse nesta convocatoria 3 bolsas.
Para formalizar a súa demanda deberá:
- Enviar documento de solicitude ao correo : nuria@ugacota.org
- Cumprimentar un formulario online, ao cal se accede dende o seguinte enlace:
Fin do prazo:
Venres 11 de xaneiro de 2013
Información:
Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA
Telf. : 986 13 65 92 / 981 57 55 78 – E-mail: nuria@ugacota.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario