Madeiristas da provincia de Lugo analizan a posibilidade de
sumarse ao proxecto de base cooperativa que promoven os traballadores
de Tablicia para comprar a fábrica de Nadela (Lugo) e reiniciar a
produción nas súas instalacións, paralizadas desde fai meses.
Se a túa empresa está sufrindo a crise e
vese abocada ao peche; ou, se polo contrario, estando saneada e é viable económicamente, pero non conta con relevo xeracional,
a solución pode ser a transformación da túa empresa en cooperativa de
traballo
asociado.
Esta pode ser unha boa oportunidade para
levar a cabo o teu proxecto empresarial, xa que, a partir destas
situacións é cando surxen as posibilidades de actuación por parte das
persoas con aspiración e espíritu emprendedor e que ás veces, supoñen a
única oportunidade para poder continuar no mercado.
No post publicado o 13 de decembro de 2012 podes atopar unha guia para a transformación de sociedades mercantís en cooperativas de traballo asociado publicada pola Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado, COCETA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario