lunes, 14 de enero de 2013

Da cola do paro a emprendedor no rural

Cada día máis persoas centran a súa mirada no medio rural galego como alternativa para combater a dura crise, desanimados pola escaseza de oportunidades nas grandes cidades, pero tamén en busca dunha nova vida. Aínda que non se pode falar dun éxodo representativo -en Galicia hai preto de 1.400 núcleos rurais despoblados-, a difícil conxuntura económica contribuíu a sacar a decenas de pobos do esquecemento, en ocasións polas iniciativas dos concellos, que tratan de facer fronte ao despoboamento e ao envellecemento da súa poboación.

As diferentes axudas existentes, nas administracións autonómicas e locais, parecen animar aos máis novos a sacar os apeiros de labranza, recuperar casas abandonadas e a cultivar horta e viñedos, como alternativa ao mercado laboral.


Entre outros, destacamos o caso da cooperativa de traballo asociado "Como cabras", creada a finais do 2005, pola inciativa de Jorge Rincón e a súa parella Rocío Sanz. Estes dous empresarios motivados por crear o seu propio posto de traballo dentro dun contexto asociativo, decidiron deixalo todo hai xa catorce anos, abandonar Madrid e pór en marcha a cooperativa 'Como Cabras', en Castro Caldelas (Ourense), para producir queixo, nunha zona ameazada pola despoboación e o abandono do medio rural.

Logo de varios anos de traballo e tras conseguir unha subvención agraria en 2006, puxeron en funcionamento unha explotación gandeira que na actualidade ten 250 cabras e produce preto de 10.000 quilos de queixo.

Os dous coinciden en que os inicios non foron fáciles á hora de arrincar un negocio desta envergadura. "Hai que traballar moito e ordenar o gando todos os días", ademais de ser necesario contar con apoio económico.

E ti....non te animas a cooperativizar??
 
Ver artigo completo:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/222996-emprendedor-rural-gallego-profesion-auge-frente-crisis


No hay comentarios:

Publicar un comentario