A Escola Cooperativa Móbil é unha iniciativa de divulgación desenvolvida pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que consiste nunha aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación das potencialidades do cooperativismo entre a mocidade.
Trátase dunha campaña que xa funcionou no curso 2010-2011 e que se volve a repetir polo éxito que tivo no periodo anterior. Está orientada principalmente aos rapaces de últimos cursos que van rematar os estudos e en moitos casos queren traballar, pero pola situación actual ou pola idade non atopan traballo. O obxectivo é chegar a estes rapaces e ofrecerlles unha alternativa a través das cooperativas.
Os monitores da Escola Cooperativa Móbil, que estará ubicada nas instalacións do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto, ensinarán aos alumnos as vantaxes do cooperativismo, mediante sesións prácticas, coa finalidade de transmitir aos participantes dun xeito ameno e atractivo, os valores do cooperativismo, as habilidades sociais cooperativas, os pasos necesarios para crear unha cooperativa, así como a análise de casos de cooperativas de éxito.

Se queres ver as paradas da Escola podes consultar o seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario