Como parte do traballo de planificación do Programa de Desenvolvemento
Rural para o período 2014-2020, os equipos técnicos dos GDRs galegos,
están a desenvolver un documento que especifica os principais
problemas que se atopan no camiño do desenvolvemento do mundo rural así
como as posibles solucións a estes problemas.
Para poder ter a visión da poboación local o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo
abriu, a través do seu Facebook, un debate no que calquera persoa pode
participar e deixar a súa opinión sobre estes temas:
- Falta de aproveitamento dos recursos do medio rural
- Despoboamento e crise demográfica no medio rural
- Inmobilidade de estruturas (vivenda, terras, etc.)
- Falta de iniciativa empresarial no rural e apoio institucional e financeiro
- Envellecemento da poboación rural e falta de xente nova que dinamice os núcleos rurais
Que pensas que hai que facer para solucionar estes problemas?
Estás dacordo en que estes son os cinco principais ou hai algún máis importante que non está citado?
No programa Espazo Leader de Radio
Melide do pasado xoves 10 de xaneiro María Fernández, xerente do GDR Ulla Tambre Mandeo, explicounos con detalle os cinco problemas que os GDRs identificaron e cales poden ser algunhas solucións.
Se queres escoitar a entrevista completa en Radio Melide, podes escoitar o programa no
seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario