O programa da Televisión de Galicia "Vivir Aquí", emitido o pasado domingo 13 de xaneiro, preséntanos diferentes formas de aforrar, interesándose polas cooperativas de consumo (minuto 31:24 aprox.), e como exemplo achégannos á Cooperativa de Vilaboa, no concello de Valdoviño, onde o seu xerente Xosé Aneiros, nos explica, entre outras cousas, en qué consisten as cooperativas de consumidores e usuarios.
[Ver programa completo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/formas-de-aforrar]
A cooperativa de Vilaboa foi fundada no ano 1943, coa finalidade de fornecer de productos relacionados co agro a prezos asequibles, medrou ata alcanzar hoxe en día 2.300 socios. Os seus socios e socias poden comprar productos de todo tipo no seu supermercado, ademais contan cunha agrotenda, así como venda de gasóleo agrícola. A sección que máis triunfa entre os seus asociados é a de crédito (tal e como comenta o Presidente da cooperativa Ángel Caneiro).
Se queres saber máis sobre o cooperativismo de consumo podes ver o seguinte enlace:
http://oficinacooperativassobrado.blogspot.com.es/2012/12/consumo-responsable-e-agroecoloxico.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario