Unha vez máis, os datos indican que a fórmula cooperativa é unha boa alternativa á crise. Según datos do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, no segundo trimestre do 2012 creáronse en España 305 cooperativas, 82 máis que no primeiro trimestre dese mesmo ano (http://www.empleo.gob.es/es/sec_trabajo/autonomos/economia-soc/EconomiaSocial/estadisticas/CoopConstituidasLaboRegistradas/2012/2trim/COOG3.pdf).
No noso entorno máis próximo, o marco da Rede Eusumo, promoveuse xa a creación de 14 cooperativas, e 9 máis están en proceso de constitución, xerando un total de 85 postos de traballo no ámbito da economía social, tal e como nos comentaba onte Juan Gómez Cabo (XEDEGA) na primeira xornada do Plan de Formación de Axentes Cooperativos que se celebrou no día de onte na Escola Galega de Administración Pública.
Desde a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de empresa a que nos visiten e nos consulten as súas dúbidas e temores para a súa posta en marcha.
Hoxe, ser empresario non é patrimonio exclusivo de quen teña capital, senón maís que nunca, de quen teña boas ideas e esté disposto a levalas a cabo con rigor e tenacidade. (Arcadi Vilert, A Autoxestión cooperativa)
INFO:
Oficina Fomento Cooperativo Agrupación Sobrado (Toques, Vilasantar, Boimorto, Sobrado)
Praza Portal, nº 1
15813 Sobrado
A Coruña
Tlf: 981 787 508
E-mail: maria.lloves@sobrado.dicoruna.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario