martes, 25 de septiembre de 2012

Xornada de Cooperativismo - Concello de Sobrado (15 outubro)

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Sobrado, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o uns 15 de outubro no Edificio de Usos Múltiples "Casa da Irmandade" e dará comezo ás 18.00 horas rematando sobre as 20.00 horas.

Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello ou ben chamando ó teléfono 981 787 508 e preguntar pola Oficina de Fomento Cooperativo. 

Descargar cartel: http://www.sobrado.es/noticia.php?idnoticia=256

INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

No hay comentarios:

Publicar un comentario