No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Boimorto, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.
A xornada terá lugar o martes 16 de outubro no Baixo do Concello (no local do antigo Bar), en horario de seis da tarde á oito.
A inscrición é gratuíta e poderá facerse no Concello (ou no 981 51 60 20).
Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado.
Pr. Portal, 1 (2º andar)
No hay comentarios:
Publicar un comentario