lunes, 17 de septiembre de 2012

Programa de emprendemento social de "la Caixa"

O programa de emprendemento social de "la Caixa" diríxese a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e entidades sociais que inician a súa primeira ou nova liña de negocio. 

Que é un emprendedor social?
Aquela persoa ou equipo de persoas que crean unha empresa para tratar de solucionar un problema social existente de forma rentable e sostida no tempo. Os emprendedores sociais unen as oportunidades de negocio coa mellora da sociedade. 

Cal é a forma de axuda?
- Apoio económico
- Formación en xestión empresarial
- Acompañamento na implementación
- Traballo en rede
- Difusión das iniciativas
 

Información e bases da convocatoria:
Obra Social ”La Caixa”
Tel.: 902 22 30 40 (de luns a venres, de 9.00 a 20.00 h)
emprendimientosocial@fundacionlacaixa.es
http://obrasocial.lacaixa.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario