A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Fundación FEIRACO organizan este obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural no que se abarcarán
cuestións como as oportunidades de negocio; maduración de ideas para un
proxecto de emprendimento; casos de éxito; elaboración dun Plan
emprendedor; axudas públicas e a fórmula cooperativa como modelo de
emprendemento, entre outras cuestións.
Como remate, desenvolverase unha visita a un caso de éxito no medio rural.
A duración será de oito sesións diarias, de 16:00 h a 19:00 h, dende o 16 de outubro ata o mércores 31.
Lugar de celebración: Pontemaceira-Agrón s/n. Ames-A Coruña
A través desta iniciativa preténdese achegar ao público destinatario, a fórmula cooperativa, potenciando o emprendemento no medio rural como medio de autoemprego e xestión económica-empresarial exitosa.
Máis info e programa no seguinte enderezo:
http://www.agaca.coop/docs/Programa%20obradoiro%20Emprendemento%202012.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario