A
Oficina de Fomento Cooperativo de Sobrado iniciou a súa andaina o pasado mes de agosto, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A
súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto ( facéndose extensible aos
concellos limítrofes e da comarca (Melide, Santiso, Curtis, etc.).
O seu obxectivo é dar servizo e apoio ás iniciativas de
fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos
concellos Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto, así como sensibilizar
á sociedade para divulgar os valores cooperativos dando apoio a emprendedores e
promotores cooperativistas, facendo especial fincapé nos mozos/as,
desempregados/as e mulleres en xeral.
Que servizos ofrece?
-
Asesoría e acompañamento de proxectos
cooperativos ou asociativos.
-
Accións formativas e informativas de promotores
relacionadas co cooperativismo.
-
Elaboración de plans empresariais.
-
Seguimento e titorización dos proxectos
cooperativos en xestación.
-
Formación e divulgación de fórmulas cooperativas
así como a coordinación das actividades de fomento e promoción.
-
Detectar emprendedores e oportunidades de
negocio na comarca.
-
Ofrecer a posibilidade de que persoas con ideas
de negocio común se coñezan e poidan crear o seu posto de traballo na súa
propia empresa, mellorando así a súa calidade de vida.
-
Posta en contacto de persoas que pretenden
entrar a formar parte dunha cooperativa e aquelas que procuran socios.
- Desempregados/as con interese na procura de emprego.
- Empresas cooperativas que soliciten traballadores para cubrir postos de traballo ou interesadas en recibir información.
- Empresas cooperativas na procura de novos socios.
- Interesados en ofrecer os seus servizos e coñecementos ou entrar a formar parte de sociedades cooperativas xa existentes ou de nova creación.
- Interesados en xeral
A
nosa finalidade é a promoción e a constitución de sociedades
cooperativas nos territorios pertencentes ao proxecto. Se tes algunha
idea de negocio e precisas asesoramento para a súa maduración ou posta
en marcha, achégate pola Oficina, poremos todo o noso esforzo e rede de
contactos a túa disposción!!!!
DATOS DE CONTACTO:
Oficina de
Fomento Cooperativo
María Lloves
Concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508
No hay comentarios:
Publicar un comentario