jueves, 6 de septiembre de 2012

Axudas ás microempresas do rural para implantar as novas tecnoloxías


As microempresas do rural poden solicitar ata o 21 de setembro as axudas deste ano para implantar as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio.

Estas axudas están destinadas a empresas de menos de 10 empregados e autónomos dos principais sectores de transformación e comercialización de produtos do rural para equipamento tecnolóxico e instalación de hardware e software específico como programas para o traballo en rede, facturación, contabilidade, deseño específico, e-comercio, etc.

As empresas que desexen solicitar estas subvencións deberán ter o domicilio fiscal en zonas rurais de Galicia así como contrato de conexión a Internet ou estar en disposición de dispor del antes da data límite de xustificación da subvención.

A porcentaxe da axuda será de ata o 50% do investimento subvencionable cun máximo de 30.000 euros por beneficiario.

Fin do prazo de solicitude: 21 de setembro de 2012.

Ver texto completo da axuda:  DOG nº 157, de 20 de agosto de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario