No vindeiro mes de xaneiro a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA vai poñer en marcha a súa programación formativa do Contrato Programa Autonómico PF-2012/000016, asinado por UGACOTA e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Obxectivo:
O Plan de Formación da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar tanto a cualificación das persoas socias e traballadoras coma a competitividade das cooperativas e empresas galegas de Economía Social.
Cursos que se ofertan:
A quen van dirixidos?
Traballadores/as en activo, socias e socios traballadores e de traballo e persoas asalariadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social da Comunidade Autónoma de Galicia. Traballadores/as en activo doutro tipo de empresas. Persoas traballadoras actualmente en desemprego.
Info:
Para preinscribirte nos cursos do teu interese, preme na seguinte ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario