viernes, 30 de noviembre de 2012

Xornada: "Cooperar, unha opción con futuro" - 18 de decembro

O próximo 18 de decembro, celebrarase a Xornada "Cooperar, unha opción de futuro", organizada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, no marco do proxecto Coopera+, e que terá lugar no Salón I do Edificio CINC (Centro de Innovación Cultural) da Cidade da Cultura  (Santiago de Compostela).


Na xornada realizarase a presentación oficial da recentemente creada Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e ademais, abordaranse distintas temáticas relacionadas co cooperativismo como opción con futuro para o desenvolvemento económico e social e para a creación de emprego, e prestarase especial atención aos procesos de comercialización e internacionalización e a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións, en particular o comercio electrónico e a presenza en Internet a través dos catálogos de produtos e servizos. 

Para máis información e inscricións preme aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario