Onte, 18 de decembro, a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado asistiu á Xornada "Cooperar, unha opción con futuro", organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, donde se abordaron diferentes temáticas sobre o cooperativismo como opción con futuro para o desenvolvemento económico e social e para a creación de emprego. Ademáis, realizouse a presentación ofIcial da recentemente creada REDE EUSUMO para o fomento do cooperativismo e a economía social, explicando as vantaxes e beneficios que significará a súa creación.
As entidades públicas e privadas que desexen colaborar nesta Rede, contarán cos apoios para cumprir os seus obxectivos e os axentes dinamizadores atoparán nela as ferramentas e os estímulos necesarios para desenvolver as súa labor de asesoramento a emprendedores. De igual xeito, as cooperativas e demais empresas de economía social, así como os emprendedores en xeral, destinatarios últimos desta iniciativa, contarán cun importante apoio para o desenvolvemento dos seus proxectos.
A Rede Eusumo, segundo Xoán Concheiro, Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social, sumará 44 centros de información, formación e asesoramento en 2013. A día de hoxe, a Rede conta xa con 22 puntos, 16 deles correspondentes ás Ofcinas de Fomento Cooperativo.
Nos últimos 5 anos de gran crise creáronse en Galicia 224 cooperativas, e a tendencia é ao incremento. A solidaridade e a suma de forzas resiste e vence aos tempos duros. Estos datos parecen indicar que a cooperativa é unha boa alternativa á crise, COOPERATIVÍZATE!!!!
INFO: Descargar decreto de creación da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario