viernes, 19 de octubre de 2012

AS COOPERATIVAS GALEGAS INNOVAN!!

Esta mañá achégamonos ata a xornada do proxecto I+COOPERA "A innovación vista de cerca", para escoitar entre outras cousas os casos de 6 cooperativas galegas de éxito. O proxecto I+COOPERA, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais está dirixido a promover un sector cooperativo máis competitivo mediante o impulso de proxectos e actividades diversas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. 



Alí escoitamos as interesantísimas experiencias levadas a cabo no ámbito da innovación de cooperativas galegas como Amegrove (proxecto de innovación, pioneiro no mundo, para minimizar o efecto da marea vermella no mexilón), Seragro (que crearon unha ferramenta informática de xestión técnica e económica para as explotacións gandeiras)  e Lutega ( centrada na recuperación do cultivo de lúpulo en Galicia,  o de mellor calidade mundial, 2 graos por riba do xermano).

Tamén nos contaron desde a Granxa o Cancelo, que é posible innovar no sector leiteiro, a través da creación de novas canles de comercialización como a venda do leite fresco pasteurizado directamente ao consumidor a través de máquinas expendedoras localizadas en mercados de abastos e en rúas das localidades colindantes. Do éxito deste proxecto, comenzaron tamén no ano 2011 no ámbito da transformación, creando os seus propios xeados de crema artesáns 100% naturais, feitos na propia granxa. O que nos demostra que as explotacións gandeiras están a crear emprego no rural (a cooperativa pasou de 2 a 10 traballadores desde a súa creación).  




Os representantes de Monte Cabalar, adicados a cría en extensivo de especies gandeiras autóctonas e o transformado da súa carne, pretende recuperar o equilibrio tradicional e que o gandeiro volva a asumir a xestión do monte substituíndo ao lume. 
Actualmente son un referente que actúa como punto de encontro de transferencia de tecnoloxía e de experiencias en temas como a valorización de montes, silvopastoralismo ou gandería en extensivo (cría de cabalos, poldros, vacas, becerros, porcos celtas e cabras).

Desde Samertolameu, adicados a cría e engorde de polbo en cautividade, movidos pola crecente demanda do polbo e co obxectivo primordial de avaliar a posibilidade de cultivo desta especie a escala comercial, promoveron un proxecto experimental de semicultivo intensivo en bateas, para o que dispoñen dunha instalación na ría de Vigo na que as gaiolas van colocadas sobre unha plataforma de cultivo onde son introducidos os exemplares cun tamaño axeitado para o seu proceso de engorde. 

Desde a Oficina de Fomento Cooperativo de Sobrado desexamos moitos parabéns a todas estas experiencias cooperativas de éxito!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario