jueves, 18 de octubre de 2012

CANCELADA!!!! XORNADA COOPERATIVISMO - VILASANTAR

No marco das actividades da Oficina de Fomento Cooperativo, o Concello de Vilasantar, organiza unha Xornada de Cooperativismo, que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, e os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

A xornada terá lugar o luns 22 de outubro no Local Social de Vilasantar (Campo, s/n- Vilasantar) e dará comezo ás 18.00 horas, rematando sobre as 20.00 horas. 
Aquelas persoas interesadas deben apuntarse na Casa do Concello de Vilasantar ou ben chamando ó teléfono 981 787 508 e preguntar pola Axente de Emprego, ou ben chamando á Oficina de Fomento Cooperativo (Sobrado) ao teléfono 981 787 508.
INFO: Oficina Fomento Cooperativo Concello de Sobrado. 
Pr. Portal, 1 (2º andar)
981 787 508

1 comentario:

  1. Cancélase a xornada de cooperativismo prevista para hoxe día 22 no concellod de Vilasantar. Nas próximas semanas informaremos sobre a nova data!
    Disculpade as molestias!

    María Lloves
    Técnico asesoramento cooperativo

    ResponderEliminar