jueves, 16 de agosto de 2012

Que é unha cooperativa?


Por qué unha cooperativa?

As cooperativas son unha alternativa empresarial e laboral no caso de querer promover ou participar nun proxecto empresarial de forma colectiva. Enmárcase na economía social porque conxuga fins económicos e sociais.


Qué é unha cooperativa?

As cooperativas son empresas onde as socias e os socios se xuntan voluntariamente para satisfacer as súas necesidades, xa sexan económicas, sociais ou culturais en común, na que a propiedade é conxunta e a súa xestión democrática.

As cooperativas son sociedades de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade. 

Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa.

No hay comentarios: