miércoles, 1 de agosto de 2012

Incentivos afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias

A Consellería de Traballo e Benestar publicou o pasado venres 31 de agosto as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social; e proceder a súa convocatoria para o ano 2012.

Consulta as bases no seguinte enlance: DOG nº 166, venres 31 de agosto de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario