martes, 23 de abril de 2013

Ética e diñeiro. Que é a banca ética?

A banca ética, tamén coñecida como banca social, é un conxunto de entidades financeiras cuxos produtos non están condicionados exclusivamente ao criterio de máximo beneficio e a especulación, senón á economía real e incluso eles mesmos se organizan o arredor de fórmulas cooperativas. 
Nos últimos anos, a crise económica e bancaria provocou o descenso do financiamento crediticio e o endurecemento das condicións de acceso ao crédito para os proxectos empresariais. Ademáis, os cidadáns cada vez demandan máis información transparente, fiable e suficiente sobre os seus aforros e investimentos.
Todo o anterior, axudou ao ascenso da banca ética e responsable que xa se viña desenvolvendo desde anos atrás.  


Así aparecen alternativas como o proxecto FIARE (Fundación Inversión, e Aforro Responsable) creada no País Vasco no 2003. A Fundación desenvolve as súas actividades finaceiras a través da empresa FIARE S.L. da que controla o 100% do capital e actúa como axencia en España de Banca Popolare Etica, S.Coop. (cooperativa e crédito que opera en Italia). 
A súa actividade céntrase nun dobre obxectivo
- Financiar actividades económicas que teñan impacto social positivo, apoiar proxectos e empresas sociais, medioambientais, culturais e humanitarias.
- Ofrecer ao aforrador e inversor responsable a posibilidade de apoiar este tipo de actividades, canalizando os seus desexos de decidir responsablemente sobre o uso que de éste fai a entidade financeira. 

E COOP 57, cooperativa de servizos que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidaridade en xeral, e promovan a sostenibilidade sobre a base de proxectos éticos e solidarios. 
Os recursos propios proveñen de dúas fontes: 
- aportacións das entidades socias (cooperativas, asociacións, fundacións e outras entidades de economía social)
- aportacións dos socios e das ocias colaboradores (persoas físicas que queren que os seus aforros se xestionen dacordo coas súas inquietudes éticas e sociais)


No seguinte vídeo (a partir do minuto 32:40) surxe o debate entre banca ética e banca tradicional, coa presenza de dous casos de éxito na nosa comunidade: o proxecto FIARE (representado por Raúl Asegurado, presidente) e COOP57 Galicia (representada por Ana Lorenzo, presidenta) e pola outra banda, Víctor José Montes (economista e analista de riscos). 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/entrevista-a-pedro-puy-voceiro-do-grupo-popular-no-parlamento-de-galicia-a-banca-etica

No hay comentarios:

Publicar un comentario