viernes, 12 de abril de 2013

CONCURSO INICIATIVAS COOPERATIVAS 2013

O DOG nº 71 de hoxe, 12 de abril de 2013, publica a Orde do 4 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras do concurso de iniciativas cooperativas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.

Obxecto: Premiaranse aos impulsores das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa. Os proxectos terán por obxecto o impulso e aproveitamento integral dos recursos locais no ámbito galego, de xeito que poidan incentivar o desenvolvemento local, en xeral, e o rural, en particular.



Participantes: Poderán participar neste concurso as persoas físicas pertencentes a colectivos tales como axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar, e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como asesores e consultores de cooperativas. Así mesmo, o concurso estará aberto a todas as persoas físicas, maiores de idade e de calquera nacionalidade, impulsoras de proxectos empresariais cooperativos.
 
Contía do premio: Un único premio de 6.000 euros, que se repartirá entre as persoas autoras que elaboraron o proxecto premiado. Será obrigatoria a presentación dunha memoria das xestións realizadas para a posta en marcha do proxecto; será preciso xuntar a documentación acreditativa que xustifique, como mínimo, a conformación do grupo promotor do proxecto, coa relación de nomes e apelidos e a acta da súa primeira reunión. O prazo para a presentación da documentación xustificativa para o pagamento rematará o 30 de setembro de 2013.

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2013.

Ver texto completo:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130412/AnuncioCA05-090413-0003_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario