A Oficina de
Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado e o Concello de Boimorto, co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de
Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía
Social, e co financiamento do Fondo Social Europeo, organizan a Xornada "A cooperativa como fórmula de autoemprego no medio rural", que pretende divulgar a fórmula cooperativa como vía para a creación de emprego, informar sobre os diferentes tipos de cooperativismo, os trámites necesarios para a súa posta en marcha, e dar a coñecer a experiencia real de dúas cooperativas de éxito: Melisanto e Milhulloa.
A xornada terá lugar o venres 1 de marzo no Centro Social Municipal de Maiores de Boimorto (Pr. da Gándara, nº 1) e dará comezo ás 10.30 horas rematando sobre as 13.30 horas.
Info: Aquelas persoas interesadas poden apuntarse na Casa do Concello de Boimorto (981 516 020), na Oficina de Fomento Cooperativo (981 787 508), ou ben a través do correo-e maria.lloves@sobrado.dicoruna.es antes do 28 de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario