jueves, 21 de febrero de 2013

Anímate a visitar a exposición "Descubre as cooperativas" en Boimorto

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e coa colaboración da Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado e o Concello de Boimorto, pon a vosa disposición a exposición ‘Descubre as cooperativas’. Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social dirixida á xeración de emprego, e que conta co apoio do Fondo Social Europeo.
A exposición ‘Descubre as cooperativas’ presenta as potencialidades e solucións que ofrecen as cooperativas como un modelo empresarial que pola súa versatilidade e capacidade de adaptación está demostrando ser capaz de manter e crear empregos na actual situación de crise económica.
A mostra, que permanecerá aberta desde o 25 de febreiro ata o vindeiro 1 de  marzo no Centro Social Municipal de Maiores de Boimorto (Pr. da Gándara, nº1), fai un recorrido polos elementos claves do modelo cooperativo: que son, que tipos de cooperativas hai, como funcionan, cales son os valores que defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo. Ao longo de algo máis de 100 metros cadrados, os visitantes poderán achegarse ao cooperativismo agrario, ao autoemprego cooperativo, ou mesmo comprobar se teñen 'madeira de cooperativistas', nunha exposición marcada polo seu carácter interactivo e dinámico.

Informáte sobre os horarios e as visitas guiadas na nosa  Oficina: 981 787 508, maria.lloves@sobrado.dicoruna.es; ou ben a través da Rede Eusumo.

Ver folleto informativo aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario