lunes, 4 de febrero de 2013

Visita a exposición "Descubre as Cooperativas" esta semana en Portomarín (Oficina de fomento Cooperativo Mancomunidade do Camiño Francés)


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e coa colaboración da Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade do Camiño Francés, pon en marcha en Portomarín a exposición ‘Descubre as cooperativas’. Esta actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social dirixida á xeración de emprego, e que conta co apoio do Fondo Social Europeo.
A exposición ‘Descubre as cooperativas’ presenta as potencialidades e solucións que ofrecen as cooperativas como un modelo empresarial que pola súa versatilidade e capacidade de adaptación está demostrando ser capaz de manter e crear empregos na actual situación de crise económica.
A mostra, que permanecerá aberta ata o vindeiro 8 de febreiro na Casa de Cultura de Portomarín (Rúa Ánxel Casal, s/n), fai un recorrido polos elementos claves do modelo cooperativo: que son, que tipos de cooperativas hai, como funcionan, cales son os valores que defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo. Ao longo de algo máis de 100 metros cadrados, os visitantes poderán achegarse ao cooperativismo agrario, ao autoemprego cooperativo, ou mesmo comprobar se teñen 'madeira de cooperativistas', nunha exposición marcada polo seu carácter interactivo e dinámico.
A finais deste mes de febreiro a exposición itinerante chegará a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado, estade atentos ao lugar e data que confirmaremos ao longo desta semana!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario