A diferenza entre as cooperativas e o resto das empresas radica nos valores e principios que determinan o seu funcionamento, isto é, a cultura cooperativa, e que todo emprendedor ou cooperativista debe ter en conta.
Valores Cooperativos:
- Autoaxuda
- Autorresponsabilidade
- Igualdade
- Equidade
- Solidaridade
- Transparencia
- Vocación social
Estos valores nos que se basean as cooperativas inspiran aos Principios Cooperativos:
- Adhesión voluntaria e aberta: as cooperativas están abertas a todas aquelas persoas que prestan o seu traballo e estean dispostas a aceptar responsabilidades de ser socias.
"Aberta a todas as persoas"
- Xestión democrática por parte das persoas socias: cada persoa ten un voto, partindo da igualdade de participación e de responsabilidade de todos os seus socios.
"Unha persoa = un voto"
- Participación económica das persoas socias: Os socios contribúen equitativamente ao capital das súas cooperativas e xestionan os beneficios segundo a súa participación nas actividades da cooperativa.
"Xestión democrática dos beneficios"
- Autonomía e independencia: As cooperativas son organizacións autónomas de axuda mutua, xestionadas polos seus socios. Asinan acordos con outras organizacións, incluídos os gobernos, e, se acadan capital de fontes externas, fano en termos que aseguren o control democrático por parte dos seus socios e que manteñan a súa autonomía cooperativa.
"Os/as socios/as nunca perden o control democrático"
- Educación, formación e información: Son esenciais para poder levar a cabo correctamente os principios de participación e de autoxestión. A cultura da aprendizaxe e da formación continua ten que ser asumida por todas as persoas socias da cooperativa. Ademais, promoven o cooperativismo e informan a sociedade da natureza e dos beneficios das cooperativas.
"Formación aos/ás socios/as"
- Cooperación entre cooperativas: As cooperativas serven os seus socios do xeito máis eficaz posible e fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamente mediante estruturas locais, nacionais, rexionais e internacionais.
"Traballo conxunto"
- Interese pola comunidade: Porque a cooperativa está situada nun contorno concreto co que se interactúa de xeito permanente, amais de ser o ámbito de actuación máis inmediato.
"Desenvolvemento sostible"
No hay comentarios:
Publicar un comentario