Bo día,
Dende o pasado 2 de setembro volve a estar operativa a OFC da Agrupación Sobrado. Nesta ocasión entra tamén a formar parte da Agrupación o Concello de Curtis, que xunto cos de Sobrado, Toques, Vilasantar e Boimorto conforman os cinco concellos integrantes do proxecto.
Nas próximas semanas iremos informando sobre as novas actividades que se van levar a cabo nesta nova andaina, animándovos a que nos enviedes suxerencias sobre xornadas ou calquera outro tipo de actividade relacionada co cooperativismo e a economía social que poidan ser do voso interese.
De igual xeito, recordamos a todo aquel interesado no emprendemento cooperativo que nos visite ou que se poña en contacto coa OFC ou a través dos técnicos de emprego de calquera dos concellos participantes, remarcando, unha vez máis, que as cooperativas son unha boa alternativa para garantir un emprego estable e dinamizar o entorno local no que se asentan.
Oficina de
Fomento Cooperativo
Concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508
E-mail: maria.lloves@sobrado.dicoruna.es
Facebook: Oficina Fomento Cooperativo Agrupación Sobrado
No hay comentarios:
Publicar un comentario