A
Oficina de Fomento Cooperativo de Sobrado iniciou a súa andaina no mes de agosto de 2012, grazas ó apoio da Dirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A
súa actividade intégrase na Rede Eusumo, e ofrece servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Sobrado, Toques, Vilasantar, Boimorto e Curtis (facéndose extensible aos
concellos limítrofes e da comarca (Melide, Santiso, etc.).
O seu obxectivo é dar apoio ás iniciativas de
fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos
concellos agrupados, dando servizo a emprendedores e
promotores cooperativistas, facendo especial fincapé nos mozos/as,
desempregados/as e mulleres en xeral. De igual xeito, trata de sensibilizar
á sociedade coa divulgación dos valores cooperativos a través de accións formativas.
Cales son as tarefas que realiza?
- Asesoría e acompañamento de proxectos cooperativos ou asociativos.
- Accións formativas e informativas de promotores relacionadas co cooperativismo.
- Elaboración de plans empresariais.
- Seguimento e titorización dos proxectos cooperativos en xestación.
- Formación e divulgación de fórmulas cooperativas así como a coordinación das actividades de fomento e promoción.
- Detectar emprendedores e oportunidades de negocio na comarca.
- Ofrecer a posibilidade de que persoas con ideas de negocio común se coñezan e poidan crear o seu posto de traballo na súa propia empresa, mellorando así a súa calidade de vida.
- Posta en contacto de persoas que pretenden entrar a formar parte dunha cooperativa e aquelas que procuran socios.
A quen se dirixe?
- Desempregados/as con interese na procura de emprego.
- Empresas cooperativas que soliciten traballadores para cubrir postos de traballo ou interesadas en recibir información.
- Empresas cooperativas na procura de novos socios.
- Interesados en ofrecer os seus servizos e coñecementos ou entrar a formar parte de sociedades cooperativas xa existentes ou de nova creación.
- Interesados en xeral
Cales foron os resultados da primeira fase?
Fixéronse un total de 4 xornadas formativas, unha por concello, nas que se divulgou a figura da cooperativa como unha alternativa válida para a creación de autoemprego no medio rural, a través da información aos asistentes sobre o concepto da fórmula cooperativa, así como os pasos e trámites necesarios para a posta en marcha dun proxecto cooperativo e as medidas de apoio da administracion para este tipo de iniciativas.
En total asistiron 64 persoas, das que 18 foron homes e 46 mulleres.
Na parte de asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos, atendéronse seis posibles proxectos de diferentes sectores, dende o agrario e hortícola, ao turismo, a formación e outros servizos.
Ademáis colaborouse na celebración da Exposición Itinerante "Descubre as cooperativas" celebrada en Boimorto e asistiuse con stand propio á Feira MAGRECO (maquinaria agrícola, produtos ecolóxicos e artesanía), celebrada no mesmo concello.
A
nosa finalidade é a promoción e a constitución de sociedades
cooperativas nos territorios pertencentes ao proxecto.
Se tes algunha idea de negocio e precisas asesoramento para a súa maduración ou posta en marcha, achégate pola Oficina, poremos todo o noso esforzo e rede de contactos a túa disposción!!!!
DATOS DE CONTACTO:
Oficina de
Fomento Cooperativo
Concello de Sobrado
Pr. Portal, 1-Porta
15813 Sobrado
Tlf. 981 787 508
No hay comentarios:
Publicar un comentario